Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Deza Galiforest Abanca reafírmase como a maior feira forestal española e volve bater...

Galiforest Abanca reafírmase como a maior feira forestal española e volve bater o seu récord de afluencia ao recibir a 9.612 visitantes

- Anuncio -
  • OS ASISTENTES SUPOÑEN UN 34% MÁIS QUE NA SÚA ÚLTIMA EDICIÓN, CANDO ACUDIRAN 7.161 PERSOAS, UN PORCENTAXE DE CRECEMENTO EN VISITANTES QUE É O MAIOR ENTRE DÚAS EDICIÓNS QUE SE TEN ACADADO NUN CERTAME DA FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA EN, POLO MENOS, OS ÚLTIMOS DEZ ANOS
  • ESTA SÉTIMA EDICIÓN FOI A MAIOR DO CERTAME TANTO EN EXPOSITORES DIRECTOS COMO EN SUPERFICIE OCUPADA, ADEMAIS DE SER A MÁIS INTERNACIONAL NO QUE SE REFIRE A NÚMERO DE EMPRESAS ESTRANXEIRAS PRESENTES E TAMÉN A PAÍSES REPRESENTADOS POR ESTAS
  • OS EXPOSITORES TRASLADARON Á ORGANIZACIÓN UNHA OPINIÓN MOI POSITIVA DESTA EDICIÓN TANTO POLO SEU CRECEMENTO COMO POLO GRAN NÚMERO DE VISITANTES E A SÚA ALTO PERFIL PROFESIONAL

A sétima edición do monográfico forestal Galiforest Abanca, que se celebrou dende o pasado xoves ata hoxe no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón, A Coruña) recibiu a 9.612 visitantes vinculados co sector forestal, na súa maioría procedentes de distintos puntos de España pero tamén doutros países, maioritariamente de Portugal, pero tamén de Italia, Francia, Turquía, Austria, Finlandia ou Canadá.

Unha gran afluencia coa que o certame volve bater o seu récord de visitantes e que supón un 34% máis que na pasada cita, levada a cabo en 2022, cando acudiran 7.161 persoas. Unha porcentaxe de crecemento en asistentes que é o maior entre dúas edicións dunha feira que se ten acadado nun evento da Fundación Semana Verde de Galicia en, por lo menos, os últimos dez anos.

O público asistente puido coñecer na área expositiva do certame os produtos, servizos e propostas de 360 firmas expositoras de 28 países, as cales estaban representadas por 107 expositores directos (un 11,4% máis que en 2022) de 7 países (un 40% máis que na anterior cita) que ocuparon unha superficie de 15.306 metros cadrados (un 11,5% máis que entón). Unhas empresas e entidades presentes directamente das cales 11 eran internacionais de Portugal, Francia, Italia, Brasil, Letonia e República Checa, un 10% máis que en 2022.

Estes datos de exposición converteron á presentes edición na maior celebrada ata o momento en expositores directos e en superficie, ademais da máis internacional tanto en número de empresas estranxeiras presentes como en países representados por estes.  Ademais, reafirman a Galiforest Abanca como a maior feira forestal de España.

A esta exposición sumouse un atractivo programa de actividades no que primou a posibilidade de mostrar e ver o funcionamento das máquinas expostas. E todo iso grazas á mellor localización posible, un monte con boa comunicación, fácil acceso e excelentes infraestruturas. Un lugar real de traballo que constitúe a razón de que o evento se celebre fora das instalacións da Feira Internacional de Galicia ABANCA, organizadora do monográfico co apoio da Xunta de Galicia.

Con todo iso, os expositores trasladaron á organización unha opinión moi positiva desta edición, tanto polo seu crecemento como polo gran número de visitantes e o seu alto perfil profesional. Unha cantidade e tipo de visitante que, segundo expresaron, se traduciu nun alto volume de negocio e o peche de importantes acordos durante a feira.

Unha feira dinámica que apostou pola innovación

O programa de actividades de Galiforest Abanca converteuna nunha feira con gran dinamismo e que aposta por contribuír ao I+D+i no sector forestal, a través de multitude de demostracións e o seu Concurso de Innovación Tecnolóxica.

En canto ás primeiras, durante os tres días do certame leváronse a cabo preto de 200 demostracións, as cales tamén supuxeron a maior cifra ata o momento. Nunha zona do monte habilitada para iso ou ben nas propias parcelas das empresas expositoras, realizáronse, entre outras, demostracións de procesadoras forestais e de leña, astilladoras de troncos, serradoiros portátiles,  trituradoras, biotrituradoras de restos vexetais e de poda, raxadoras, manipuladoras, motoserras, sistemas automáticos de bloqueo e liberación de estacas, tensores automáticos, robots desbrozadores e robots segadores, simuladores de maquinaria forestal, básculas para guindastres forestais e solucións innovadoras para plantación mecanizada, loita contra incendios, maquinaria especializada e análise de datos a través de conexión remota. Así mesmo, leváronse a cabo de traballos en altura, técnicas de preparación de gazas, tableado de tronco de serradoiro, limpeza e reciclaxe de cadros, experimentación con cepas de alnus glutinosa resistentes a phytophthora alni no río, cultivo de shitake, pleurotus ostreatus e ganoderma lucidum en ecolóxico, extracción de resina con diferentes métodos, recollida de resina para ensaios de microresinación, análises de calidade do mel, elaboración de velas con cera reciclada e de xabóns con produtos da colmea, fabricación de alimento sólido para abellas, ferramentas para descorche de sobreira ou inoculación de micelio en palla.

Ademais, a feira acolleu outras exhibicións máis lúdicas, como figurismo (tallado e realización de esculturas en madeira con motoserra) ou espectáculos de trepa.

En canto ao Concurso de Innovación Tecnolóxica, concorreron 21 novidades, un 50% máis que na pasada edición, as cales foron avaliadas por un xurado formado por oito expertos pertencentes a distintos ámbitos e cuxos galardóns foron entregados na xornada inaugural. O primeiro premio foi para un cabrestante móbil de tracción, mentres que as mencións foron para unhas luvas anticorte e antivibración clase 2, un portaferramentas teledirixido e unha procesadora taladora de eucalipto e piñeiro.

Por outra banda, sumáronse ao programa da feira dúas propostas centradas no sector da biomasa, a xornada “Certificación da sustentabilidade da biomasa” e os Premios Biomasa Galega 2024.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas