Home Pontevedra O Salnés O BNG REPONSABILIZA A TELMO MARTÍN DE COLAPSAR SANXENXO POLA FALTA DE...

O BNG REPONSABILIZA A TELMO MARTÍN DE COLAPSAR SANXENXO POLA FALTA DE PRAZAS DE ESTACIONAMENTO

- Anuncio -

Os nacionalistas denuncian os problemas que provocaron o déficit de zonas de estacionamento na vila, aínda no mes de xuño

Fran Leiro acusa ao alcalde de ser incapaz de atopar unha solución a unha situación que era “previsible” desde o momento no que houbo que pechar o aparcadoiro disuasorio situado nas inmediacións do Hotel La Terraza

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo denuncia a situación de colapso que xa está a vivir a vila desde o inicio do verán, debido á acuciante falta de prazas de estacionamento no casco urbán e nas súas inmediacións. Este episodio xa se produciu a pasada fin de semana, aínda a finais de xuño, un feito que, tal e como sinalan os nacionalistas, é responsabilidade directa do alcalde, Telmo Martín, que “só centra os seus esforzos en subir impostos e encher de formigón a contorna de Silgar, sen achegar solucións reais ao déficit de espazos para aparcar que existe en Sanxenxo”.

O voceiro do Bloque, Fran Leiro, amosa a súa preocupación polos problemas derivados desta ausencia de lugares nos que poder estacionar os vehículos, tanto por parte da veciñanza como dos e das turistas que visitan o municipio nesta época do ano. “Estamos comezando a tempada estival e xa o venres, sábado e domingo nos atopamos con moitos residentes que non tiñan onde deixar o seu vehículo particular”, denunciou Leiro, que recorda que son moitos os veciños e veciñas de Sanxenxo que precisan dos seus automóbiles para desprazarse para traballar, ben dentro do propio concello ou desde municipios próximos. “Apenas acaba de comezar o mes de xullo e no núcleo de Sanxenxo as persoas que chegan para ir aos seus postos laborais ou que

veñen de traballar doutros lugares teñen que estar dando voltas cos seus vehículos ata atopar un oco. A carencia de aparcamento é obvia e está claro que a ‘lanzadera’ de transporte público non é a solución, como así o demostra o feito de que na pasada fin de semana o aparcadoiro disuasorio habilitado en Nantes para os usuarios e usuarias deste autobús ficou baleiro durante practicamente todos os días”, detallou Fran Leiro.
Un feito especialmente grave, a xuízo do BNG, é que esta situación víase vir, sobre todo desde o momento no que se tivo que pechar o aparcadoiro disuasorio habilitado na rúa Progreso, á altura da rotonda do Hotel La Terraza, ao comezar as obras de urbanización dese espazo. “Ese peche xa se produciu hai varios meses. O señor Martín, que presume de ser un magnífico xestor, volve quedar en evidencia, ao ser incapaz de atopar unha alternativa que alivie a carencia de prazas de estacionamento”, denuncia o voceiro nacionalista, que carga contra “a incapacidade do alcalde” para atopar solucións que den resposta aos problemas e necesidades da veciñanza. “En vez diso, cada vez temos máis formigón, soldos máis altos do equipo de Goberno e impostos máis altos”, salienta Leiro, que non esquece que, precisamente, Telmo Martín, ao mesmo tempo que afoga e colapsa Sanxenxo, quere implantar novas taxas, como a do ‘decretazo’ dos vados, que “comezou a cobrar ás agachadas a través do ORAL e só freou no seu intento grazas á denuncia pública feita polo BNG”.
Ante estes feitos, o Bloque insta ao alcalde a que busque solucións, porque “se esta situación xa é preocupante a finais de xuño, non queremos nin imaxinar o colapso que vai experimentar Sanxenxo en agosto”.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas