test
Home Xunta de Galicia Diego Calvo recibe ao equipo feminino do Pescados Rubén Burela tras...

Diego Calvo recibe ao equipo feminino do Pescados Rubén Burela tras acadar o seu sexto campionato de liga e ao masculino polo ascenso a primeira división

- Anuncio -
  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que o equipo feminino sitúase cos seis títulos ligueiros ao nivel do Futsi Atlético Navalcarnero e o Femesala Elche, ademais de contar cun extenso palmarés con, entre outros campionatos, seis Supercopas de España, seis Copas da Raíña, sete Copas de Galicia ou unha Champions
  • Destacou a boa saúde do fútbol sala galego con cinco equipos na máxima categoría feminina e a próxima tempada con outros dous na masculina, ao incorporarse o Burela FS ao Noia Portus Apostoli FS tras o seu ascenso

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe na Cidade da Cultura ás xogadoras e corpo técnico e directivo do equipo feminino do Pescados Rubén Fútbol Sala despois de que conseguiran a semana pasada o seu sexto campionato de liga da Primeira FS Iberdrola e tamén aos integrantes do equipo masculino polo seu ascenso a mediados de xuño á Primeira División, ao vencer na eliminatoria ao UMA Antequera. Ao acto tamén asistiron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Na recepción, Diego Calvo resaltou que, no caso do cadro feminino, coa vitoria no terceiro e definitivo partido dos playoffs co Futsi Atlético Navalcarnero, o equipo burelés iguala o palmarés de campionatos de liga deste club e do Femesala Elche, o que supón un broche de ouro a unha tempada na que tamén acadaron en febreiro a súa sétima Supercopa de España.

De feito, ademais das seis Ligas e as sete Supercopas de España, o cadro feminino do Pescados Rubén Fútbol Sala conta con sete Copas Xunta de Galicia e, a nivel europeo, unha Champions e unha Recopa de Europa. Ademais, foi catalogado en 2021 e 2033 nas entregas do Futsal Planet Awards como o mellor equipo de fútbol sala feminino do mundo e galardoado e en 2022  das Medallas Castelao.

O conselleiro de Deportes agradeceu a todas as persoas que traballan polos éxitos deste equipo e felicitou ao equipo masculino porque a próxima tempada volverá a competir na máxima categoría tras o ascenso de hai unhas semanas.

Na súa intervención puxo en valor o nivel do fútbol sala galego, xa que na máxima categoría feminina -a Primeira FS Iberdrola- haberá cinco equipos galegos -xunto co Pescados Rubén Burela Futsal, estarán o Poio Pescamar, Ourense Ontime, Ence Marín Futsal e FSF Castro- e na Primeira División masculina o Burela súmase ao Noia Portus Apostoli FS.

Por iso, Diego Calvo incidiu en que ambos equipos do Pescados Rubén Burela son os mellores embaixadores e embaixadoras de Galicia e do deporte galego e os mellores referentes e exemplos para os nenos e nenas, tanto os que queren dedicarse ao deporte como para inculcar o hábito de realizar exercicio físico e valores como o compañeirismo e o esforzo.

Relacionadas

Seis agrupacións de voluntarios de Protección Civil da comarca da Coruña reciben equipamento de...

0
Trátase de 1 remolque, así como 1 kits de ferramentas eléctricas, outros 2 de material loxístico para a seguridade viaria e 2 de material...

Diego Calvo reúnese co subinspector da Policía Autonómica e xefe do equipo de resposta...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal, despediu ao subinspector Fernando Molina con...

A Xunta promove unha Alianza Estratéxica entre a sociedade civil e administracións europeas para...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, fixo un chamamento hoxe á creación dunha gran alianza entre Administracións públicas e sociedade civil para...

A Xunta apoia o desenvolvemento de 45 proxectos de innovación aplicada deseñados por centros...

0
Román Rodríguez subliña a calidade destas iniciativas de carácter científico que os alumnos implementan ao longo do curso e que contan coa colaboración empresarialA...

Rueda destaca o selo Artesanía de Galicia como factor de identidade que axuda a...

0
Sinala que a comunidade foi a primeira en posuír un distintivo propio no sector, sendo hoxe “unha marca moi consolidada que dá a volta...

Os avisos por niños de avespa velutina recibidos pola Xunta no que vai de...

0
— A directora xeral de Administración Local e o director xeral de Emerxencias e Interior mantiveron hoxe unha reunión con representantes da empresa pública...

Publicacións Relacionadas