test
Home Pontevedra Baixo Miño O Rosal transforma o seu verán cunha morea de novidades e actividades...

O Rosal transforma o seu verán cunha morea de novidades e actividades para todos os públicos

- Anuncio -

O Concello prepara unha axenda estival que contará con novos programas como os ‘Tardeos na Praza’ ou dará novos folgos ao Rosal Cámara Fest

Trinta e dous días de festa no Rosal. O Concello vén de presentar a nova programación de verán, unha completísima axenda cultural e de lecer que promete uns meses de xullo e agosto cheos de música, cine, teatro e moitas actividades para todos os públicos, para todos os gustos e de balde.

“Temos lista unha programación con importantes novidades e melloras en eventos xa consolidados coa que quixemos ofrecer unha ampla variedade de actividades coas que achegar a cultura a todos os recunchos do noso concello dun xeito entretido, diferente e único. Este verán promete ser espectacular no Rosal”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Como principal novidade, este verán o Concello programará os ‘Tardeos na Praza’, catro xornadas con actividades na Praza do Calvario para públicos moi diversos e que incluirán dende a música de Gold&Colt, o circo de niMU-Jacuzzi ou os contos para nenos e nenas de Tropa de Trapo ata un ciclo de cine coa proxección de ‘Barbie’ e curtametraxes. Este ciclo estrearase o 18 de xullo e rematará o 29 de agosto coa actividade de peche da programación estival.

A Feira do Viño será a encargada de dar o pistoletazo de saída a unha axenda de verán na que O Rosal Cámara Fest crece de forma notable con máis concertos e máis grupos implicados da Agrupación Musical do Rosal, organizadora do evento en colaboración co Concello. Nesta quinta edición haberá en total seis actuacións entre o 23 de xullo e o 14 de agosto que mesturarán música e patrimonio nun formato único que permite poñer en valor diferentes espazos.

Este verán tamén crecerá a Mostra de Cinema do Rosal organizada pola asociación Ghorghalado, que chega á súa cuarta edición ampliando programa e ofrecendo unha semana de proxeccións, así como estreando o seus premios ás mellores curtametraxes.

O Concello do Rosal continúa apostando pola Cultura polos Barrios con seis novas propostas que percorrerán diferentes recunchos rosaleiros do 29 de xullo ao 27 de agosto, dende espectáculos infantís ata música actual e tradicional ou noites de cine para desfrutar do verán.

A programación estival complétase cun novo espectáculo de Polo Correo do Vento durante o mes de xullo, un novo Encontro de Bandas e de Corais ou a celebración das Festas de Verán do Pilar, que contará cunha importante programación e un concerto estrela que se dará a coñecer nos vindeiros días. Levarase a cabo tamén a presentación dunha nova edición de Memoria Viva, que estreará un documental dedicado a Pepe O Buraco o vindeiro 19 de xullo no auditorio municipal e que se trasladará a Martín para poder desfrutar de novo desta proxección o 17 de agosto.

O Concello do Rosal convida a toda a veciñanza a participar e desfrutar dun verán cheo de cultura, música e diversión con esta ampla programación estival.

Relacionadas

A Deputación acolle desde este luns cursos de competencias dixitais para nenos e mozos...

0
Os cursos, que terán lugar na aula CeMIT da institución provincial ata o 31 de xullo, están deseñados para ensinarlles conceptos básicos sobre ferramentas...

Arbo, remite a Xunta de Galicia os acordos plenarios para a creación da “Eurocidade...

0
• Os Catro Concellos de Galicia (Arbo, As Neves, A Cañiza e Crecente) aprobaron nos seus respectivos plenos o protocolo para a creación da...

Soutomaior acada o dato máis baixo de desemprego en xuño desde que hai rexistros

0
O número de persoas desempregadas no concello durante o mes de xuño baixou até 415, o que supón 27 persoas menos que en maio...

Luis López destaca a achega da Guarda ao destino Rías Baixas con atractivos como...

0
O presidente provincial convida, na inauguración de edición número 32 da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a todo o mundo a desfrutar...

Salceda presenta a súa nova marca: “Salceda Móvese”

0
              O Concello de Salceda de Caselas ten o pracer de presentar a súa nova marca "Salceda Móvese", unha iniciativa que representa o corazón...

Digna Rivas: “Non existe ningunha resolución de Facenda para intervir o Concello de Redondela”

0
A rexedora lamenta que o PP estea a facer oposición “xerando unha alarma innecesaria entre a veciñanza e os provedores do Concello por segunda...

Publicacións Relacionadas