test
Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López sinala o festival Vigo Seafest como unha mostra do “dinamismo”...

Luis López sinala o festival Vigo Seafest como unha mostra do “dinamismo” do sector do mar para impulsar a economía e o turismo a través da gastronomía

- Anuncio -

O presidente provincial participa en Vigo na presentación da quinta edición dun festival que enxalza o produto e a cociña mariñeira entre o 11 e o 14 de xullo

“É un festival que pon en valor o noso peixe e a nosa pesca, a calidade da nosa gastronomía e dos nosos chefs e a riqueza de Vigo e da nosa provincia”, afirma López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sinalou a importancia de festivais como o Vigo Seafest para poñer en valor o dinamismo dun sector fundamental para a provincia como é o do mar, para enxalzar a gastronomía das Rías Baixas e combinar estas dúas fortalezas da provincia para enriquecer a oferta turística. Fíxoo durante a presentación da quinta edición deste festival que se celebrará en Vigo entre o 11 e o 14 de xullo na que deu os parabéns a Asociación de Armadores de Vigo (ARVI), promotores desta cita, porque “pon en valor o noso peixe e o bo facer dos nosos pescadores, a calidade da nosa gastronomía e o talento dos nosos chefs e a riqueza de Vigo e a nosa provincia”, subliñou o presidente provincial.

A quinta edición deste fectival terá lugar nos xardíns de Eduayen, na zona do Náutrico de Vigo, entre os días 11 e 14 xullo. Tres xornadas durante as cales catorce cociñeiros da cidade elaborarán pratos centrados nos produtos saídos do mar e capturados pola flota pesqueira pontevedresa. Así mesmo, o evento inclúe actuacións musicais, deportes, conferencias e actividades para toda a familia.

Neste sentido, o mandatario provincial quixo destacar a contribución de festivais como o Seafest para que a provincia sexa un dos destinos preferidos por visitantes de todo o país. “Somos favoritos por cidades como Vigo, que combina unha natureza privilexiada e unhas praias inmellorables coas comodidades e propostas de ocio das grandes urbes de España e Europa; somos favoritos pola nosa oferta de experiencias 100 % Rías Baixas, eses plans que mesturan auga e natureza, ou ocio e cultura como este Vigo Sea Fest; pero sobre todo,  somos favoritos porque ofertamos a nosa gastronomía”, detallou luis López durante a presentación do festival.

Así mesmo, o presidente da Deputación remarcou a contribución do sector mar e industria tanto á economía da provincia como ao turismo. Neste punto, lembrou un dos fitos do primeiro ano de mandato que o goberno da Deputación conmemora esta semana ao citar o apoio provincial ás confrarías de pescadores a través dunha liña de axudas. “Son un sector fundamental que está a sufrir un mal ano e que ten na Deputación un aliado leal”, recoñeceu o dirixente.

Despois de recoñcer o labor de ARVI, Luis López convidour a toda a veciñanza e visitantes da provincia a desfrutar desta quinta edición do Vigo Seafest, “unha experiencia 100 % Rias Baixas”.

Relacionadas

A Deputación acolle desde este luns cursos de competencias dixitais para nenos e mozos...

0
Os cursos, que terán lugar na aula CeMIT da institución provincial ata o 31 de xullo, están deseñados para ensinarlles conceptos básicos sobre ferramentas...

Arbo, remite a Xunta de Galicia os acordos plenarios para a creación da “Eurocidade...

0
• Os Catro Concellos de Galicia (Arbo, As Neves, A Cañiza e Crecente) aprobaron nos seus respectivos plenos o protocolo para a creación da...

Soutomaior acada o dato máis baixo de desemprego en xuño desde que hai rexistros

0
O número de persoas desempregadas no concello durante o mes de xuño baixou até 415, o que supón 27 persoas menos que en maio...

A Deputación outórgalle o título de honra de Filla Predilecta da Provincia á cardióloga...

0
O presidente Luis Menor, recalcou que “estamos ante unha das persoas con maior prestixio de Ourense, unha eminencia da Cardioloxía” e recalcou que “grazas...

Luis López destaca a achega da Guarda ao destino Rías Baixas con atractivos como...

0
O presidente provincial convida, na inauguración de edición número 32 da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a todo o mundo a desfrutar...

Salceda presenta a súa nova marca: “Salceda Móvese”

0
              O Concello de Salceda de Caselas ten o pracer de presentar a súa nova marca "Salceda Móvese", unha iniciativa que representa o corazón...

Publicacións Relacionadas