test
Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense adhírese ao manifesto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal...

A Deputación de Ourense adhírese ao manifesto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en favor da liña de alta velocidade que une Vigo con Porto

- Anuncio -

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, acudiu ao acto público organizado en Valença do Minho

A antiga alfándega de Valença do Minho (Portugal), acolleu hoxe o acto de presentación do Manifesto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en favor da construcción da liña de alta velicidade ferroviaria que une Vigo con Porto. O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, acudiu en nome da Deputación de Ourense.

A este manifesto adheriuse por escrito a Deputación de Ourense, manifestando “unha clara defenda do impulso da liña de alta velocidade ferroviaria Vigo-Porto-Lisboa como unha infraestrutura prioritaria e estratéxica en virtude dos principios de vertebración territorial e do desenvolvemento social e económico de España e de Portugal”.

Tamén pon de manifesto a institución provincial “a necesidade de que estas conexións ferroviarias se acompañen das necesarias disposicións dun orzamento e un calendario realista para acometelas dentro dos prazos inicialmente comprometidos”, deixando constar tamén que “outras conexións poden ter tamén a súa razón de ser, pero soamente se se afrontan cunha visión ampla, integradora e de pulo estruturado e coordinado para acadarmos os mellores resultados, e respectando as prioridades que ata agora teñen sido manifestadas”.

Relacionadas

A Deputación acolle desde este luns cursos de competencias dixitais para nenos e mozos...

0
Os cursos, que terán lugar na aula CeMIT da institución provincial ata o 31 de xullo, están deseñados para ensinarlles conceptos básicos sobre ferramentas...

A Deputación outórgalle o título de honra de Filla Predilecta da Provincia á cardióloga...

0
O presidente Luis Menor, recalcou que “estamos ante unha das persoas con maior prestixio de Ourense, unha eminencia da Cardioloxía” e recalcou que “grazas...

Luis Menor confía en Sandra Quintas para a Secretaría Xeral do Partido Popular de...

0
·      É a “persoa idónea” para o segundo posto en responsabilidade do PPdeOU, dixo o candidato á presidencia do partido, lembrando que ocupou a secretaría...

O Grupo Rebulir representará a Galicia no Festival Intercéltico de Lorient (Francia) con diversos...

0
O director da área de Cultura e Deporte, Marcos Vázquez, fai entrega a Alexandre Sotelino, director do Grupo Rebulir, de diversos instrumentos musicais tradicionais...

O Pleno do Concello expresa o apoio de todos os grupos políticos ao persoal...

0
O Concello de Ourense, por acordo de todos os grupos políticos con representación municipal, expresou o seu apoio ao persoal da empresa Hispamoldes e...

Luis López destaca a achega da Guarda ao destino Rías Baixas con atractivos como...

0
O presidente provincial convida, na inauguración de edición número 32 da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a todo o mundo a desfrutar...

Publicacións Relacionadas