test
Home Ourense A Limia Luis Menor avoga pola coordinación dos representantes electos do PP “para unir...

Luis Menor avoga pola coordinación dos representantes electos do PP “para unir esforzos e intercambiar iniciativas de interese para o noso territorio”

- Anuncio -

·        Preto dunha trintena de cargos permitirán articular unha comisión interparlamentaria provincial á que tamén poderán sumarse representantes políticos doutras zonas de Galicia ou de España para coñecer iniciativas de posible implantación na provincia

·        Subliñou  a destacada presenza adquirida polo PP de Ourense no novo goberno galego, con 13 altos cargos ourensáns, máis o novo peso que adquiren as antigas xefaturas territoriais, agora direccións: “Semella que toda esta representación precisa dunha maior coordinación entre todas as administracións onde goberne o PP”

Xinzo de Limia e Verín foron esta tarde os escenarios de peche de campaña do candidato á presidencia do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, que rematou así o seu percorrido por todas as comarcas da provincia para dar a coñecer o seu programa de propostas.

Ante compromisarios e militantes, Luis Menor repasou as principais liñas de traballo que ofrece para dirixir ao PP ourensán, entre as que citou as vantaxes que supón ter o maior equipo de representantes electos pola provincia nas institucións provincial, autonómica e nacional, e que facilitarán “a unión de esforzos e o intercambio de iniciativas de interese para o noso territorio”.

Neste sentido asegurou que preto dunha trintena de cargos permitirán articular unha comisión interparlamentaria provincial na que participen os representantes populares nas Cortes Xerais, no Parlamento de Galicia e na Deputación, incluíndo a posibilidade de invitar ás xornadas de traballo que se convoquen a outros cargos políticos doutras zonas de Galicia ou de España para coñecer iniciativas de posible implantación na provincia.

“O Partido Popular é un partido de Goberno e, como tal, dirixe case o 60 % das entidades locais, a Deputación e, nun nivel superior, a Xunta de Galicia”, puntualizou o candidato, que subliñou  a destacada presenza adquirida polo PP de Ourense no novo goberno galego, con 13 altos cargos ourensáns, máis o novo peso que adquiren as antigas xefaturas territoriais, agora direccións: “Semella que toda esta representación precisa dunha maior coordinación entre todas as administracións onde goberne o PP”.

Con este obxectivo propuxo unha comisión que coordine o labor dos cargos do partido, informando sempre que así se precise daquelas iniciativas que desde instancias superiores afecten aos concellos ourensáns, ou ben informando os concellos ou representantes comarcais daqueles asuntos susceptibles de ser atendidos polos cargos autonómicos, incluídos os parlamentarios.

Relacionadas

A Deputación outórgalle o título de honra de Filla Predilecta da Provincia á cardióloga...

0
O presidente Luis Menor, recalcou que “estamos ante unha das persoas con maior prestixio de Ourense, unha eminencia da Cardioloxía” e recalcou que “grazas...

Luis Menor confía en Sandra Quintas para a Secretaría Xeral do Partido Popular de...

0
·      É a “persoa idónea” para o segundo posto en responsabilidade do PPdeOU, dixo o candidato á presidencia do partido, lembrando que ocupou a secretaría...

O Grupo Rebulir representará a Galicia no Festival Intercéltico de Lorient (Francia) con diversos...

0
O director da área de Cultura e Deporte, Marcos Vázquez, fai entrega a Alexandre Sotelino, director do Grupo Rebulir, de diversos instrumentos musicais tradicionais...

O Pleno do Concello expresa o apoio de todos os grupos políticos ao persoal...

0
O Concello de Ourense, por acordo de todos os grupos políticos con representación municipal, expresou o seu apoio ao persoal da empresa Hispamoldes e...

Luis Menor recoñece o excelente labor realizado desde o Campus de Ourense ao convertirse...

0
O presidente provincial participou na presentación do III Encontro Doutoural de Turismo, organizado pola Facultade de CC Empresariais e Turismo e no que participan...

A Deputación e a Xunta garantizan o seu compromiso conxunto de que o proxecto...

0
O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe en Santiago nunha reunión onde o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu á Comunidade de Regantes da...

Publicacións Relacionadas