Home Pontevedra Caldas A Deputación leva este venres a Pontecesures unha actuación de Grande Amore...

A Deputación leva este venres a Pontecesures unha actuación de Grande Amore no marco de “+Música”

- Anuncio -

O concerto financiado pola institución provincial forma parte das actividades culturais organizadas polo concello co gallo da Festa do Carme

A Deputación de Pontevedra financia a través do programa “+Música” a actuación musical de Grande Amore que se celebrará este venres 5 de xullo a partir das 22:45 horas na Prazuela de Pontecesures. Con esta iniciativa, a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a cultura e lingua galega, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.

O grupo Grande Amore naceu en 2019 e inclúe no seu repertorio unha serie de temas que mesturan o punk, o rock, o pop e o techno. Comezou como un proxecto en solitario de Nuno Pico pero, desde o seu segundo álbum (“II”), consolidouse como unha banda a tres coas incorporacións de mariagrep e Clara Redondo. Este novo traballo centrará a súa actuación en Pontecesures, cunha duración de arredor de 80 minutos onde soarán as súas principais cancións cun claro selo de rock electrónico.

O concerto de Grande Amore suporá o arranque das actividades culturais organizadas polo Concello de Pontecesures co gallo da súa Festa do Carme e é unha das 59 actuacións que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. “+Música” ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos.

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas