Home O Salnés A Illa de Arousa A Deputación desenvolve o proxecto “Dixitalízate” co que forma en competencias dixitais...

A Deputación desenvolve o proxecto “Dixitalízate” co que forma en competencias dixitais a preto de 80 maiores de Forcarei, As Neves, Moraña e A Illa de Arousa

- Anuncio -

As deputadas Belén Cachafeiro, Nava Castro e Isabel Couselo acompañaron hoxe ao alumnado nas formacións presenciais que se desenvolven nos concellos participantes neste “hub” para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no rural

PPreto de 80 maiores de 50 anos dos concellos de Forcarei, As Neves, Moraña e A Illa de Arousa están a participar no proxecto “Dixitalízate”, que desenvolve a Deputación de Pontevedra para a loitar contra a fenda dixital e a soidade non desexada no rural e coa que se están formando en competencias dixitais. As deputadas Belén Cachafeiro, Nava Castro e Isabel Couselo coñeceron hoxe de primeira man como transcorren estas formacións (nos concellos de Forcarei, As Neves e Moraña, respectivamente), nas que os participantes aprenden a realizar trámites coa Administración (Deputación, Concello, Administración xeral, etc.), a solicitar unha cita co seu médico, a operar coa banca electrónica, ou incluso a descubrir diferentes ferramentas dixitais como as redes sociais para manter relacións en contactos sociais.

Os participantes deste programa contan coa plataforma hubrural.gal, na que poden acceder a cinco canais diferentes (Tecnoloxía, Trámites Cotiás, Turismo, Ocio e Benestar) con pílulas informativas sobre distintos contidos de interese: ciberseguridade, operacións con Bizum, como empregar a aplicación do Sergas, etc., así como outros vídeos sobre turismo, ocio ou benestar, entre outros.  Ademais, froito da formación, o alumnado tamén está a realizar unha serie de vídeos nos que demostran os coñecementos adquiridos, co fin de que sirvan de exemplo para que aquelas persoas que teñan reticencias ás novas tecnoloxías se animen a iniciarse en competencias dixitais e as utilicen coma unha ferramenta imprescindible destes tempos. Con tal obxectivo, ao remate da formación presencial poranse a disposición do público as clases gravadas para que as persoas interesadas poidan acceder de xeito cómodo e seguro.

“Dixitalízate” comezou o pasado mes de maio cunha formación previa de “influencers”, persoas maiores de 50 anos que están a demostrar ante os seus conveciños que as TIC son ferramentas útiles e sinxelas de empregar, e en xuño iniciouse a formación presencial aos preto de 80 veciños e veciñas inscritos nos catro concellos. Agora, coa formación, que se divide en tres módulos dun total de 15 horas, a piques de rematar para case todos os grupos chega o momento de que os participantes acudan a titorías e reciban asesoramento personalizado para crear os contidos e experiencias audiovisuais mencionados.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas