Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Deza A Feira Internacional Abanca Semana Verde xa ten datas para a súa...

A Feira Internacional Abanca Semana Verde xa ten datas para a súa 47ª edición, que volverá unir negocio e ocio do 5 ao 8 de xuño de 2025

- Anuncio -
  • A SÚA ÚLTIMA CITA REXISTROU A MAIOR CIFRA DE EXPOSITORES DOS ÚLTIMOS 17 ANOS, RÉCORDS TANTO NO SALÓN DE ALIMENTACIÓN COMO NO DE TURISMO E UNHA AFLUENCIA DE MÁIS DE 84.000 VISITANTES
  • A ORGANIZACIÓN TRABALLA XA PARA SEGUIR AMPLIANDO A SÚA PROPOSTA, TANTO EN CIFRAS COMO EN ATRACTIVO

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia xa fixou as súas datas para 2025. Será do 5 ao 8 de xuño cando celebre a súa 47ª edición, coa que pretende converterse unha vez máis no gran certame multisectorial de comercio e lecer do noroeste peninsular.

O seu equipo traballa xa nunha cita coa que a organización pretende seguir ampliando a súa proposta, en cifras, pero tamén en atractivo tanto no que se refire á súa exposición como ao seu programa de actividades.

O XXVIII Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca; o XIV Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, a XI Feira de Festas de Interese Turístico, Festur, e tamén a XI Feira de Caza, Pesca e Natureza, Fecap Abanca, uniranse a moitos outros sectores que irán desde gandería, bioenerxía, pequena maquinaria, xardinería ou ferramenta ata mobiliario, decoración ou artesanía, ademais de moitos outros produtos e servizos.

En canto ao seu programa, volverá incluír actividades para profesionais e público xeral, sumando novidades a propostas xa clásicas na feira que contan cunha excelente acollida en todas as edicións.

Unha feira que segue acadando récords

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia é xa unha cita consolidada, grazas ao seu empeño en ofrecer aos expositores unha efectiva ferramenta de negocio e aos visitantes un evento á altura das súas expectativas.

Así, na súa pasada convocatoria, celebrada do 30 de maio ao 2 de xuño deste ano, reuniu a 746 expositores directos de seis países, a mellor cifra dos últimos 17 anos, ademais de rexistrar récords de empresas presentes e superficie no seu salón de turismo e de expositores no seu salón de alimentación.

Por outra banda, volveu ofrecer máis de 200 actividades das que puideron desfrutar os 84.673 visitante que acudiron ao recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA durante os seus catro días de duración.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas