Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia Rueda destaca o selo Artesanía de Galicia como factor de identidade que...

Rueda destaca o selo Artesanía de Galicia como factor de identidade que axuda a crear emprego e dinamizar o rural

- Anuncio -
  • Sinala que a comunidade foi a primeira en posuír un distintivo propio no sector, sendo hoxe “unha marca moi consolidada que dá a volta ao mundo”
  • Pon en valor a feira de Agolada como un gran escaparate para “conxugar tradición e vangarda”, así como promocionar o sector, divulgar os oficios tradicionais, crear sinerxías con outras disciplinas ou impulsar novas vocacións
  • O Goberno galego leva investidos máis de 25,13 millóns de euros para potenciar este sector a través de medidas como ordes de axudas para obradoiros artesanais,  concellos e asociacións para impulsar a comercialización e a competitividade

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o valor do selo Artesanía de Galicia como factor identitario da comunidade que axuda, ademais, a crear emprego e dinamizar o rural. “Fomos a primeira comunidade en posuír un selo propio no sector e hoxe é unha marca moi consolidada que dá a volta ao mundo”, asegurou.

Así o manifestou durante o inicio da XI edición do Corazón da Artesanía, unha feira que se levará a cabo desde hoxe e ata o vindeiro domingo día 7 nos pendellos de Agolada e que cualificou como “unha idea fantástica”, ao unir un escenario tan significativo como os pendellos con “algo tan potente” como é a artesanía. “A artesanía de Galicia é algo moi valorado fóra que temos que valorar aquí tamén, que lle dá traballo a moita xente e que fala de nós por moitísimos sitios”, asegurou.

A mostra conta cun total de 53 profesionais da artesanía –36 como expositores e 14 como docentes nos cursos especializados e obradoiros abertos a todos os públicos–, e diferentes artesáns que participan achegando soportes para o programa Artesanía no Prato. Entre eles, o presidente da Xunta destacou a sorte de contar con algúns como o cesteiro Álvaro M. Leiro, a zoqueira Elena Ferro ou o obradoiro Seivane, os tres Premios Nacionais de Artesanía.

Así mesmo, Rueda enxalzou Corazón da Artesanía como un gran escaparate para “conxugar tradición e vangarda”, ao tempo que promociona o sector, divulgar os oficios tradicionais, crear sinerxías con outras disciplinas, impulsar novas vocacións e actualizar a artesanía galega, integrando as pezas máis tradicionais na vida cotiá e contemporánea. Así mesmo, puxo en valor que a iniciativa recibise o ano pasado o Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría para Entidades Públicas.

Consciente da importancia e co ánimo de contribuír ao seu crecemento, a Xunta leva investidos máis de 25,13 millóns de euros para potenciar este sector a través de medidas como ordes de axudas para obradoiros artesanais, concellos e asociacións para impulsar a comercialización e a competitividade da artesanía galega, así como a estratexia integral para a promoción do sector, apostando pola innovación e a adaptación a novas tendencias.

Un completo programa

Corazón da Artesanía, impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia dende o ano 2012, contará este ano cun total de 28 oficios representados, como sombreiraría, instrumentos musicais, xoiería, ourivería, olería, redeiras, carpintería e tapicería.

Ademais, haberá 32 empresas con expositores de produtos gourmet, das cales 19 contan co selo de Artesanía Alimentaria. A feira ofrecerá tamén 8 cursos de formación especializada, 5 obradoiros abertos para público infantil e adulto, e showcookings e degustacións no marco do programa Artesanía no Prato, fusionando artesanía e gastronomía. Ademais, haberá 6 actuacións musicais de balde.

Relacionadas

Lorenzana anuncia que as empresas poderán solicitar solo industrial gratuíto durante os oito primeiros...

0
— A medida pon a disposición das empresas máis de medio millón de metros cadrados en réxime de dereito de superficie a custo cero...

Rueda defende unhaa reforma do financiamiento autonómico nun marco multilateral

0
 Sostén que cómpre seguir loitando para “que a igualdade básica entre todos os españois se manteña”  Avoga por poñer en marcha políticas públicas...

A campaña GALICIA SABE AMAR desembarca na capital coruñesa para levar a calidade dos produtos...

0
- A iniciativa, retomada pola Consellería do Mar no pasado mes de agosto, estará presente con catro foodtrucks na explanada de Riazor para que...

A Xunta pon en valor os premios de executivas de Galicia e as recoñecidas...

0
— O conselleiro destacou as achegas da catedrática Mª Emilia Casas Baamonde -entre outras- para aplicar a perspectiva de xénero ao Dereito e as...

A Xunta pon en valor o traballo da Policía para consolidar Galicia como unha...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, Marta Barreiro, participaron hoxe na conmemoración...

O Murallón de Son celebra a súa terceira edición co apoio da Xunta para...

0
— Incorpórase á listaxe dos 11 festivais apoiados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da convocatoria anual de axudas e dos...

Publicacións Relacionadas