Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Digna Rivas: “Non existe ningunha resolución de Facenda para intervir o Concello...

Digna Rivas: “Non existe ningunha resolución de Facenda para intervir o Concello de Redondela”

- Anuncio -
  • A rexedora lamenta que o PP estea a facer oposición “xerando unha alarma innecesaria entre a veciñanza e os provedores do Concello por segunda vez con informacións que non se axustan á realidade”.O concelleiro de Infraestruturas, Roberto Villar, denuncia a “intoxicación mediática” por parte dos populares “que só busca entorpecer o traballo do goberno municipal”.
  • Desde o departamento de intervención municipal explican que o atraso nos pagos “foi debido a problemas graves na aplicación informática de xestión contable” e que logo de aprobarse en pleno a modificación orzamentaria “poderá afrontarse o pago das facturas pendentes unha vez transcorrido o prazo de exposición pública”. O calendario de pagos establecerase a partires da próxima semana.

Malia o que torticeiramente interpreta o Partido Popular e publican, sen contrastar, algúns medios de comunicación, “non se recolle ningunha Resolución do Ministerio de Facenda para intervir Concellos e, en concreto, o de Redondela”, explica a alcaldesa de Redondela Digna Rivas. A través dun acto administrativo e de transparencia ordinario, o que fai o Ministerio de Facenda é “comunicar a apertura do prazo para a solicitude de liquidez ao Fondo de Financiamento para as Entidades Locais”. A medida non supón “nin a intervención do Concello nin asumir o pago a provedores”. A rexedora lamenta que o PP estea a facer oposición “xerando unha alarma innecesaria entre a veciñanza e os provedores do Concello por segunda vez con informacións que non se axustan á realidade”.
O que permite o Ministerio con este trámite é diferir até o 30 de decembro os pagos do préstamo recibido para contar con liquidez nos 8.100 Concellos que se acolleron a este sistema de obtención de liquidez. Trátase dunha medida para inxectar tesouraría para reducir os períodos medios de pago excesivos e para paliar a falta de dispoñible polo efecto dos calendarios fiscais que concentran a recadación no segundo semestre do ano e, particularmente, nos meses de setembro a novembro. Este mecanismo contempla dous procedementos, un voluntario e outro facultativo, “que quizais é o que non se entendeu correctamente”, sinala Rivas.
A alcaldesa lembra que o goberno local “conseguiu levar a 0 a débeda pública do Concello de Redondela que, co Goberno do Partido Popular, atopábase en 1.561.684,82 euros antes das eleccións municipais de 2019”. Esta é a diferenza entre o goberno popular, contas públicas en déficit, e o actual “que sanea as contas públicas en beneficio dos case 30.000 veciños e veciñas de Redondela con 0 euros de débeda pública”. A tesourería municipal está saneada e cun remanente positivo de 3.693.948 euros.

O concelleiro Roberto Villar denuncia a “intoxicación mediática” do PP
O concelleiro de Infraestruturas, Roberto Villar, denuncia a “intoxicación mediática” por parte dos populares “que só busca entorpecer o traballo do goberno municipal”. O edil explica que esta “desinformación” fixo que varios provedores a chamasen ao Concello para deixar de subministrar material. Esta falsa alarma “pon en perigo os traballos e arranxos que é necesario realizar no municipio”. Villar advirte que “non imos consentir que isto suceda, e buscaremos fórmulas alternativas para non paralizar os traballos”. Recoñece que hai atrasos nos pagos nalgunhas áreas, pero insite en que “todos os traballos e servizos que se realizan para o Concello serán remunerados”. O concelleiro sinala que “foi tal a desinformación probocada polo PP que traballadores municipais foron preguntados na rúa por se cobraban os seus salarios, cando non existe ningún problema e todas as nóminas dos empregados do Concello se están a pagar puntualmente”.

Calendario de pago a provedores
Desde o departamento de Intervención explican que o Concello de Redondela foi adherido ao Mecanismo de Pago a Provedores de determinadas Entidades Locais por incumprir o período medio de pago nas últimas remisións de información ao Ministerio. O incumprimento “foi debido ao atraso acumulado na contabilización de gastos durante o ano 2023 motivado por problemas graves na aplicación informática de xestión contable no último semestre do ano”. Con todo o Concello de Redondela por acordo plenario do 6 de xuño de 2024 xa aprobara unha modificación orzamentaria financiada con remanente de tesouraría para gastos xerais do ano 2023 “que permitirá afrontar paulatinamente as facturas pendentes unha vez transcorrido o prazo de exposición pública, e dentro dos prazos que marca a lei”. O calendario de pagos establecerase a partires da próxima semana.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez na clausura da VI edición do “Foro La...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu na Illa da Toxa á clausura da sexta edición do “Foro La Toja. Vínculo Atlántico”,...

Arranca a conta atrás para o Samaín Briz, que volverá con forza o 31...

0
A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, xa mantivo varias reunións cos colectivos que colaboran no desenvolvemento da festa. Volverán as rutas do medo, as...

O Concello habilitará un novo aparcadoiro público na zona de Ponte Zapal cunha parcela...

0
A alcaldesa, María Ramallo, anuncia que se realizará un contrato de aluguer coa propiedade para a parcela, ubicada xunto ao actual aparcadoiro, no que...

Redondela retira máis de 200 quilos de lixo do río Maceiras

0
Alumnado do instituto Illa de San Simón e voluntarios do Programa de Voluntariado do Concello sumáronse á limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación...

Domínguez, sobre o alcalde e os bolardos: “Lores opta polo ‘comigo ou contra min’...

0
• O líder do PP defende eliminar as barreiras arquitectónicas que impiden o acceso dos corpos e forzas de seguridade ao centro urbano de...

Salceda estrea Pavillón de deportes renovado

0
O cambio de formigón pulido a tarima de madeira de faia supuxo un investimento de 92.338,60 € O Concello de Salceda de Caselas ven de...

Publicacións Relacionadas