Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Salceda presenta a súa nova marca: "Salceda Móvese"

Salceda presenta a súa nova marca: “Salceda Móvese”

- Anuncio -

              O Concello de Salceda de Caselas ten o pracer de presentar a súa nova marca “Salceda Móvese”, unha iniciativa que representa o corazón das actividades de cultura, deporte e lecer da nosa vila. Esta nova identidade visual e conceptual está deseñada para capturar a esencia e a paixón que nos une como comunidade.

“Salceda Móvese” simboliza o dinamismo e a vitalidade de Salceda de Caselas, unha vila composta por sete parroquias, todas elas interconectadas polas inquedanzas e a enerxía dos seus veciños e veciñas. A nova marca é unha homenaxe ao que nos move, ao que nos apaixona, e ao que nos fai vibrar día a día. 7 pezas esenciais que conforman unha soa peza en forma de corazón.

O logotipo de “Salceda Móvese” está inspirado na paixón desta vila, e reflicte as diversas facetas do que nos gusta facer. A tipografía e as cores elixidas simbolizan a diversidade e a riqueza das nosas actividades, que van dende o deporte ata a cultura, pasando polo lecer. Esta nova imaxe será adaptada e aplicada en diferentes soporte.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, sinalou: “Con ‘Salceda Móvese’ queremos destacar o espírito activo e participativo da nosa xente. Esta marca é un reflexo da nosa identidade e das nosas paixóns. Queremos que todos e todas se identifiquen e sintan orgullo do que somos e do que facemos”.

Pola súa parte, o concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez, expresou: “A nova marca non só promove as actividades que nos caracterizan, senón que tamén busca impulsar novas iniciativas que fomenten o benestar e a cohesión social en Salceda. Este é un proxecto que implica a todos os colectivos e tamén á veciñanza”.

Desta forma, cúmprese unha das peticións dos colectivos sociais de crear unha plataforma de comunicación e difusión para as súas actividades, e tamén un dos puntos do programa electoral do equipo de goberno.

A marca foi creada pola axencia galega ‘What the Flow’, que en todo momento buscaron con este branding que a veciñanza sentise o latexo do corazón de Salceda, nas 7 parroquias e a través das actividades de cultura, deporte e lecer.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez na clausura da VI edición do “Foro La...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu na Illa da Toxa á clausura da sexta edición do “Foro La Toja. Vínculo Atlántico”,...

Arranca a conta atrás para o Samaín Briz, que volverá con forza o 31...

0
A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, xa mantivo varias reunións cos colectivos que colaboran no desenvolvemento da festa. Volverán as rutas do medo, as...

O Concello habilitará un novo aparcadoiro público na zona de Ponte Zapal cunha parcela...

0
A alcaldesa, María Ramallo, anuncia que se realizará un contrato de aluguer coa propiedade para a parcela, ubicada xunto ao actual aparcadoiro, no que...

Redondela retira máis de 200 quilos de lixo do río Maceiras

0
Alumnado do instituto Illa de San Simón e voluntarios do Programa de Voluntariado do Concello sumáronse á limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación...

Domínguez, sobre o alcalde e os bolardos: “Lores opta polo ‘comigo ou contra min’...

0
• O líder do PP defende eliminar as barreiras arquitectónicas que impiden o acceso dos corpos e forzas de seguridade ao centro urbano de...

Salceda estrea Pavillón de deportes renovado

0
O cambio de formigón pulido a tarima de madeira de faia supuxo un investimento de 92.338,60 € O Concello de Salceda de Caselas ven de...

Publicacións Relacionadas