Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López destaca a achega da Guarda ao destino Rías Baixas con...

Luis López destaca a achega da Guarda ao destino Rías Baixas con atractivos como o castro de Santa Trega, o inicio do Camiño Portugués da Costa ou a Festa da Langosta

- Anuncio -

O presidente provincial convida, na inauguración de edición número 32 da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, a todo o mundo a desfrutar desta cita gastronómica

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destaca a relevancia que ten o concello da Guarda na oferta de destino turístico Rías Baixas ao conxugar a riqueza patrimonial do castro de Santa Trega, o comezo en Galicia do Camiño Portugués da Costa cara Santiago e unha das festas gastronómicas máis lonxevas e visitadas de toda a provincia: a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. O mandatario provincial vén de participar esta tarde na inauguración desta festa, que celebra este ano a súa edición número 32, convertida nunha referencia no calendario das festas gastronómicas de Galicia. “A Guarda é coñecida no mundo enteiro por infinidade de cousas: o seu xacemento castrexo, o impresionante estuario da desembocadura do Miño u o encanto da súa cultura mariñeira. Pero sobre todo, A Guarda é a capital da Langosta”, afirmou o presidente López.

O pano da Festa da Langosta da Guarda levantouse este venres coa lectura do pregón a cargo do autor Luis Zahera, que pechou un acto de apertura no que a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Pueiro recibiu a distinción da Langosta de Honra. A cita continuará durante os vindeiros catro días, nos que os visitantes poderán degustar diferentes preparacións, coa langosta como preparación estrela, elaboradas por restaurantes do concello.

“O noso destino turístico está cheo de experiencias 100 % Rías Baixas. A nosa beleza natural, os nosos festivais de música ou cine ou o Camiño de Santiago son atractivos de primeira, pero a nosa gastronomía supón ese salto de calidade decisivo que sitúa ás Rías Baixas como o destino favorito dentro e fóra das nosas fronteiras”, destacou o presidente provincial, que fixo fincapé no “noso produto, que destaca polo seu valor; polos restaurantes e chefs de estrela e nas festas gastronómicas como a da Langosta na Guarda”.

Co obxectivo de enriquecer e consolidar as Rías Baixas como un destino turístico ligado á gastronomía, á sustentabilidade e á cultura, a Deputación colabora co Concello da Guarda na organización desta festa. Neste sentido, o presidente Luis López recoñeceu o traballo de toda a veciñanza e do goberno local, encabezado polo alcalde e deputado provincial, Roberto Carrero; para manter viva e impulsar unha tradición que funciona tamén como un motor económico e turístico para A Guarda e o conxunto da provincia.

Rematou Luis López a súa intervención convidando a todo o mundo a achegarse esta fin de semana ao Concelo da Guarda para “desfrutar da langosta, da cociña mariñeira e dunha experiencia 100 % Rías Baixas”, conluíu.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez na clausura da VI edición do “Foro La...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu na Illa da Toxa á clausura da sexta edición do “Foro La Toja. Vínculo Atlántico”,...

Arranca a conta atrás para o Samaín Briz, que volverá con forza o 31...

0
A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, xa mantivo varias reunións cos colectivos que colaboran no desenvolvemento da festa. Volverán as rutas do medo, as...

O Concello habilitará un novo aparcadoiro público na zona de Ponte Zapal cunha parcela...

0
A alcaldesa, María Ramallo, anuncia que se realizará un contrato de aluguer coa propiedade para a parcela, ubicada xunto ao actual aparcadoiro, no que...

Redondela retira máis de 200 quilos de lixo do río Maceiras

0
Alumnado do instituto Illa de San Simón e voluntarios do Programa de Voluntariado do Concello sumáronse á limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación...

Domínguez, sobre o alcalde e os bolardos: “Lores opta polo ‘comigo ou contra min’...

0
• O líder do PP defende eliminar as barreiras arquitectónicas que impiden o acceso dos corpos e forzas de seguridade ao centro urbano de...

Salceda estrea Pavillón de deportes renovado

0
O cambio de formigón pulido a tarima de madeira de faia supuxo un investimento de 92.338,60 € O Concello de Salceda de Caselas ven de...

Publicacións Relacionadas