Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor recoñece o excelente labor realizado desde o Campus de Ourense...

Luis Menor recoñece o excelente labor realizado desde o Campus de Ourense ao convertirse “nun polo de atracción para investigadores de primer nivel”

- Anuncio -

O presidente provincial participou na presentación do III Encontro Doutoural de Turismo, organizado pola Facultade de CC Empresariais e Turismo e no que participan doutores e investigadores de 12 universidades españolas

A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense acolle o III Encontro Doutoural de Turismo, no que participan presencial e telemáticamente 130 doutores e investigadores de 12 universidades españolas.
O presidente provincial, Luis Menor, participou na presentación deste encontro académico xunto a José Antonio Fraiz, oordinador do Programa Interuniversitario de Turismo na Universidade de Vigo (Campus de Ourense); Antonio Guevara, coordinador do Programa Interuniversitario de Turismo (decano da Facultade de Turismo de Málaga); Mª Montserrat Cruz, decana da Facultade de C.C. Empresariais e Turismo da U. Vigo; e Susana Reboredo, vicerreitora de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.
Menor felicitou aos organizadores deste encontro onde participan 12 universidades, algo que o presidente provincial loubou como unha grande fortaleza: “non é fácil chegar a acordos e menos implicando a 12 entidades. Estou seguro de que non se coñecen iniciativas similares, nin no ámbito universitario nin en ningún outro terreo. Por iso, o meu máximo respecto por este traballo tan ben feito”, dixo, destacando tamén a idoneidade de centrar unha parte da súa programación na Vía de la Plata, “un dos eixos estratéxicos en materia turística que temos na Deputación”, lembrou..
Tamén falou Luis Menor da importancia do Campus de Ourense para toda a provincia, ao que calificou de “polo de atracción para investigadores de primeiro nivel”, lembrando que no Campus ourensán non só se investiga: “tamén se transfire coñecemento para facer desta provincia un territorio mellor. Grazas a esta excelencia, somos capaces de afrontar retos que noutras circunstancias xamais poderiamos”.
Por iso, recalcou que desde a Deputación “non só nos enorgullece o papel que desempeña o Campus para o desenvolvemento de Ourense. Somos plenamente conscientes de que é un auténtico motor económico, que todo canto invista a administración provincial no Campus terá un retorno de incalculable valor para a nosa provincia. A Deputación será sempre unha aliada de todo canto supoña poñer en valor e dignificar o labor do Campus de Ourense”, proclamou Luis Menor.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez na clausura da VI edición do “Foro La...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu na Illa da Toxa á clausura da sexta edición do “Foro La Toja. Vínculo Atlántico”,...

O vicepresidente da Deputación Rafa Domínguez no XXIII Encontro Internacional de Hospitaleiras e Hospitaleiros...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe no Salón Nobre do Liceo Casino de Pontevedra ao XXIII Encontro Internacional de Hospitaleiras...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á conferencia “Tesoros Perdidos: Rande” de Fernando Navarrete

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe no Auditorio de Abanca en Vigo á conferencia “Tesoros Perdidos: Rande” impartida polo recoñecido...

Luis López asiste á ponencia de Alberto Núñez Feijoo e á mesa autonómica, coa...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, volveu estar presente na segunda xornada do Foro La Toja que se celebra esta fin de...

O III Foro da Castaña centra a súa segunda xornada nunha agrupación forestal en...

0
Hoxe está a desenvolverse a parte práctica do Foro con dúas visitas de campo que comezaron en Parada do Sil, da man da Asociación...

O Grupo Popular interésase polos seguintes pasos que dará a Xunta en relación á...

0
• A candidatura ‘Paisaxe da auga: Ribeira Sacra’ promovida pola Xunta de Galicia é a proposta conxunta de España para a súa presentación ante...

Publicacións Relacionadas