Free Porn
xbporn
Home Pontevedra A Paradanta Covelo suma 87 veciñas e veciños en tan só cinco meses

Covelo suma 87 veciñas e veciños en tan só cinco meses

- Anuncio -


O alcalde dá a benvida a nova veciñanza e agradece a confianza depositada no Concello de Covelo

Os últimos datos do censo de poboación de Covelo abren a porta á esperanza despois de anos cun modelo de pirámide de poboación regresiva. Segundo informa o alcalde, Pablo Castillo, nos cinco primeiros meses de ano gañáronse 87 novas veciñas e veciños dos que catro foron nacementos.

Nunha vila con 2.561 habitantes estes datos son ben recibidos e amortiguan as cifras de defunción e a perda de poboación. Unha boa oferta de servizos públicos e a procura dunha vida saudable poden ser as causas deste incremento poboacional. O Concello de Covelo conta con escola infantil gratuíta, un colexio de infantil e primaria, biblioteca pública, piscina e pavillón municipal, centro de saúde, servizo de atención temperá, pistas deportivas nas doce parroquias, residencia de maiores e servizo de autobús que conecta coa principal cidade da área metropolitana tres veces ao día. A estes servizos súmaselle os importantes apoios que o Concello ofrece en formación e programas de inserción laboral impartidos sen saír da vila. Ademais, cabe salientar os múltiples convenios con diferentes entidades para promover o coidado da saúde mental e a adquisición de coñecementos a calquera idade. A esta oferta hai que engadirlle as clases de ximnasia gratuítas, os cursos de natación e os campamentos de verán e de nadal para facilitar a conciliación familiar e laboral ou as axudas a nacementos.

Neste último verán os aloxamentos de turismo acadaron as mellores cifras e acolleron visitantes de toda a xeografía española que apostaban polo contacto coa natureza, algo que en Covelo está garantido atopando sendeiros e rutas de montaña pero tamén de río e praias fluviais, boa gastronomía, unha ampla oferta de aloxamentos que van dende hoteis a quintas, cámping ou vivendas turísticas para adaptarse a todo tipo de perfís.

O alcalde, Pablo Castillo, quere dar a benvida á nova veciñanza e agradece a confianza depositada en Covelo, “a elección do lugar onde un quere desenvolver a súa vida é unha das decisións máis importantes da vida por este motivo estamos moi agradecidos de que aposten por Covelo e pola nosa parte seguiremos traballando para mellorar e ampliar os espazos e servizos públicos”.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas