Home Pontevedra O Salnés Novol episodio de incapacidade de Xestión e desprezo ao rural por parte...

Novol episodio de incapacidade de Xestión e desprezo ao rural por parte de Telmo Martín co peche da praia de Area de Agra

- Anuncio -

O BNG ve “insólito” que un dos areais con bandeira azul do municipio permaneza pechado durante todo o día en pleno mes de xullo por acoller unhas obras de mellora no acceso

Fran Leiro lembra que estes traballos puideron terse feito con antelación e non nunha das xornadas de máis calor das últimas semanas, o que demostra que “o alcalde e o seu equipo de Goberno xa están totalmente superados cando o verán apenas acaba de comezar”

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo faise eco do enorme malestar e do enfado de numerosos bañistas, veciños e veciñas, usuarios e usuarias da praia de Area de Agra, na parroquia de Dorrón, que durante todo este mércores permaneceu pechada pola realización dunhas obras de acondicionamento do seu acceso. Unha forma de actuar que, unha vez máis, demostra o desprezo polo rural e a incapacidade de xestión do alcalde, Telmo Martín, quen “está a protagonizar un inicio de verán esperpéntico e calamitoso en todos os sentidos”.

O voceiro do Bloque, Fran Leiro, resalta o “inaudito e insólito” que resulta que o Concello realice estas obras, avisando en redes sociais “con apenas unhas horas de antelación”, cando xa nos atopamos en pleno mes de xullo e con Sanxenxo ateigado de visitantes. “Este tipo de traballos hai que realizalos cunha planificación previa e antes de que comece a tempada estival, non cando xa nos atopamos en xullo e, por se fose pouco, nun dos días máis calurosos das últimas semanas”,denuncia Leiro. O concelleiro do BNG advirte que este proceder “non deixa de ser un novo reflexo da falta de xestión pola que se caracteriza o Goberno do PP e de Telmo Martín”, ademais de supoñer un novo episodio de desprezo cara o rural. “Non é casualidade que esta situación se produza nunha praia que pertence a Dorrón, unha das parroquias peor tratadas polo señor Martín, a quen unicamente lle interesa botar formigón e promocionar a praia de Silgar e os 500 metros que hai á redonda.

O rural, en cambio, segue carecendo de servizos básicos de calidade, redúcenselle actividades culturais no verán e queda excluída da liña de transporte entre Nantes e o núcleo”, apunta Fran Leiro. “O señor Martín véndese como un xestor de primeira, pero a realidade é que aínda acaba de comezar o verán e xa está totalmente superado, con praias pechadas, a vila colapsada pola falta de apartamento e o rural totalmente abandonado”, finalizou Leiro.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas