Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Entroidos de España e Portugal comparten tradición e cultura este sábado en...

Entroidos de España e Portugal comparten tradición e cultura este sábado en Vilaboa

- Anuncio -

Desfiles, concursos, gastronomía, bailes e animación conforman un intenso programa para unha tarde de Encontro de Entroidos en Riomaior

Entroidos tradicionais chegados desde diferentes puntos de España e Portugal daranse cita esta fin de semana en Vilaboa, concretamente en Riomaior, no marco do VI Encontro de Entroidos, do que Cobres será un ano máis anfitrión.

Máis de catrocentas persoas se desprazarán a Vilaboa para formar parte dunha iniciativa que busca dar visibilidade e poñer en valor o patrimonio inmaterial e cultural que representa cada un dos entroidos asistentes, transmitindo tradicións seculares a través da vestimenta, baile, música e concepto de entroido identitaria de cada  comarca.

A cita é este sábado, 13 de xullo. E ata Vilaboa desprazarase por primeira vez o Entroido de Igüeña, que virá desde León: Las burras de Tremor de Arriba y El toro de espina de Tremor. Para eles será a primeira actuación no evento, que estará seguida  doutros entroidos xa habituais neste Encontro como os Caretos de Lazarim, de Lamego en Portugal; ou os Caretos de Arcas, que veñen de Macedo de Cavaleiros, na Braganza. A estes tamén se unirán os Guirrios e Madamitas de Cimanes del Tejar .

Cantabria estará representada  co entroido Andruido en la Paré de Piasca e Zamora, co Atenazador de San Vicente de la Cabeza. A nivel galego, dende Salceda de Caselas, virá o Rancho Entroido da Feira e dende Ponteareas, Perriñas e Mudados de Ribadetea. Tamén estarán en Vilaboa os  Xenerais da Ulla, un entroido veciño da comarca do Ulla, así como as Madamas e Danzantes do Entroido de Salcedo, que se achegarán nesta xornada dende A Pobra do Brollón, en Lugo.

O Encontro arrancará o sábado poñendo en común vivencias. Será ás 12 da mañá co Vermut de Entroidos, no Chiringo Deilán, onde se poderá gozar dun ambiente animado á beira do mar. Mentres tanto, a apertura oficial do encontro terá lugar ás 18:15 horas, seguida dun espectacular desfile e actuación dos diferentes entroidos ás 18:30 horas.  Co solpor, ás 21.30 horas, terá lugar unha cea amenizada con música, dando paso á actuación de DJ’s Encontro a partir das 23.30 horas, garantindo a diversión que merece esta especial ocasión.

A cativada tamén será protagonista neste evento xa que tras o pistoletazo de saída da tarde, os inchables estarán dispoñibles ata ao inicio da cea. Ademais, haberá un mercadiño de artesanía e pezas de segunda man para adquirir distintas prendas e obxectos, así como a exposición de pinturas “Que é o Entroido de Cobres para ti?”, que se celebra por primeira vez este ano, un concurso no que participou a poboación máis cativa dende infantil ata secundaria.

Peche do evento

Este evento, organizado polo Concello de Vilaboa, pretende non só manter viva a tradición dos entroidos, senón tamén promover a cultura e o seu valor entre as novas xeracións. A xornada estará chea de cor, música, gastronomía e, sobre todo, moita diversión, ao que contribuirá a presenza da influencer @letidataberna. Para rematar o día, entregarase un agasallo aos participantes e a entrega de premios do concurso de pintura. A amenización da cena estará a cargo do grupo Fanfarria Furruxa, que dará paso os DJ’s que actuarán a continuación, comezando aproximadamente ás 23:30 horas con Dj Charlie e de seguido, Dj Ekix, Dj Roy e Dj Gabry.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas