Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Marín O BNG alerta sobre a incorrecta sinalización nas obras de Jaime Janer

O BNG alerta sobre a incorrecta sinalización nas obras de Jaime Janer

- Anuncio -

Lucía Santos manifestou que “É fundamental reubicar os semáforos en puntos estratéxicos e visibles para evitar riscos e garantir a fluidez do tráfico”. Ante esta situación, o BNG insta ao Concello de Marín e á empresa responsable das obras a tomar medidas inmediatas. Principio del formularioFinal del formulario

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Marín expresa a súa preocupación pola sinalización incorrecta nas obras que se están a realizar na rúa Jaime Janer. Esta situación está a xerar inconvenientes e riscos tanto para os peóns como para as persoas condutoras, debido á mala ubicación dos semáforos temporais, que está a provocar confusión e incrementando o risco de colisións.

Lucía Santos, portavoz municipal do BNG, sinalou que “é fundamental reubicar os semáforos en puntos estratéxicos e visibles para evitar riscos e garantir a fluidez do tráfico.” Ademais, para mellorar a seguridade na circulación, Santos apunta a que “se retiren temporalmente os contedores de lixo situados na rúa Jaime Janer, xa que a illa de contedores diante do número 139 dificulta a visibilidade aos vehículos que acceden dende a rúa Recamán.”

O BNG insta ao Concello de Marín e á empresa responsable das obras a tomar medidas inmediatas para corrixir a sinalización. A este respecto, a portavoz do BNG recomenda ás persoas condutoras que extremen a precaución ao circular pola zona afectada e, aos peóns, prestar atención ás zonas de paso habilitadas e evitar cruzar fóra dos lugares sinalizados.

O BNG de Marín comprométese a seguir de preto esta situación e a colaborar estreitamente coas autoridades competentes para garantir que as obras na rúa Jaime Janer se leven a cabo de maneira segura e eficiente, minimizando calquera tipo de risco para a cidadanía.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas