Home A Coruña O Concello de Frades convoca as axudas para transporte e para material...

O Concello de Frades convoca as axudas para transporte e para material escolar dirixidas a familias cunha renda per cápita inferior a 600 €

- Anuncio -

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de xullo

O Concello de Frades convoca as axudas para transporte escolar e para a compra de material escolar para o curso académico 2023-2024, que están dirixidas ás familias que teñan unha renda per cápita inferior ao IPREM (600 euros mensuais). O Concello de Frades destina unha partida de 5.000 euros a estas axudas, que poderán solicitarse ata o vindeiro 31 de xullo.

A subvención para transporte escolar está dirixida a alumnos e alumnas de Bacharelato ou de Formación Profesional (Grao Medio) e ten unha contía de 200 euros. Pola súa banda, as axudas para a compra de material escolar están dirixidas a alumnos e alumnas de segundo grao de educación infantil (3-5 anos) e ascenden a 70 euros por alumno/a e curso. Ademais, haberá que xustificar o gasto da axuda concedida con facturas por importe igual ou superior á contía outorgada cun xustificante de pago e antes do 23 de setembro de 2024.

En ambos os dous casos, para poder optar a estas axudas é preciso que a persoa estea empadroada no Concello de Frades, que estea cursando os estudos para os que solicita a axuda, que a súa familia estea ao día no pago das obrigas tributarias co Concello e non teña pendente de xustificación ningunha subvención anterior. Ademais, no caso das axudas ao transporte, a persoa solicitante non poderá ser titular da Tarxeta Xente Nova nin ter a posibilidade de selo.

Para presentar as solicitudes, as familias deberán dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello de Frades e achegar a seguinte documentación: copia do DNI de todas as persoas integrantes da unidade familiar, copia do libro de familia, resgardo da matrícula do centro no que está a realizar o curso escolar deste ano, xustificante dos ingresos da unidade familiar en 2022 (declaración da renda, nóminas, pensións, certificado de ser demandante de emprego, etc) e certificado do número de conta bancaria a nome da persoa solicitante. Así mesmo, poderanse presentar certificados acreditativos da situación de familia monoparental ou do grao de minusvalía dalgún membro da unidade familiar, se fose o caso.

Para máis información, as familias solicitantes poden dirixirse aos Servizos Sociais Municipais ou chamar ao teléfono 981 695 567.

Relacionadas

Incendiados catro colectores en Aguiño, no concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta noite dun incendio que afectaba a varios colectores en Aguiño, no concello de Ribeira. Víronse...

O Pleno de Brión aproba destinar os 686.000 € do POS+ 2025 a gasto...

0
O alcalde Pablo Lago explica que “decidimos destinar todo a gasto corrente porque as obras imos financialas con fondos propios xa que é a...

Aprobado por unanimidade o POS+ Adicional 2025 para gastos sociais

0
Destinaranse máis de 103.000 euros ao financiamento de gasto corrente, reforzar programas sociais e adquirir equipos informáticos e equipamento técnico asistencial. O Pleno da Corporación...

O alumnado do IES Agra de Leborís asistiu á xornada informativa sobre agresións e...

0
A iniciativa centrouse en animar á mocidade a reflexionar sobre o bo trato nas primeiras relacións. O alumnado de primeiro de bacharelato do IES Agra...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 14 de xaneiro de 2025

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu no 14 de xaneiro, a partir das 13.45 horas, a sesión extraordinaria do...

Socialista pechan un acordo de orzamentos para 2025

0
Goretti Sanmartín, en representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, María Rozas, en nome do Grupo Municipal de Compostela Aberta, e Gonzalo Muíños,...

Publicacións Relacionadas