Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Condado O concello de Poneareas abre o prazo paraa concesión da xestión da...

O concello de Poneareas abre o prazo paraa concesión da xestión da cafetería do Centro Social

- Anuncio -

• A concesionaria non terá que pagar ningunha taxa ou canon

• O Concello sufragará os custos de subministro de auga, saneamento, calefacción e enerxía eléctrica

O goberno de Ponteareas informa que o Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) xa publicou o expediente e pregos do procedemento en concorrencia para concesión demanial da cafetería no Centro Social de Ponteareas.

Co obxectivo de salvar as limitacións horarias ás que se suxeita a explotación da cafetería e ofrecer avantaxes que posibiliten a rendabilidade deste negocio, o goberno de Ponteareas non cobrará ao concesionario ningunha taxa ou canon e sufragará os custos de subministración de auga, saneamento, calefacción, enerxía eléctrica e, a alarma no caso de que se instale, así como o mantemento das instalacións. A concesión outórgase por un prazo de 5 anos a contar desde a súa formalización, prorrogable anualmente por acordo entre as partes ata un máximo de 2 anos.

As proposicións deberán ser entregadas en sobre pechado no rexistro xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas rematando o prazo o xoves día 26 de xullo. A documentación tamén poderá presentarse nas oficinas de Correos na forma establecida no prego de condicións.

A cafetería do Centro Social de Ponteareas ten unha superficie útil de 106,05m2 e dispón dun espazo destinado a cociña, almacén, barra e cafetería. Está situada no andar baixo do Centro Social, na rúa Oriente do centro urbano, onde se prestan servizos adminitrativos.

As condicións para participar no procedemento regúlanse no prego de cláusulas económico-administrativas. No mesmo tamén se regulan as obrigas e dereitos das partes.

O prego de condicións e planos do espazo poden consultarse na Casa do Concello no taboleiro físico de anuncios, e tamén pode consultarse electronicamente a través do taboleiro electrónico no seguinte enlace:  https://ponteareas.sedelectronica.gal/board

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas