Celebrarase o 22 de setembro e realizarase sobre tres percorridos: un de 24 kms., outro de 14 kms. e un pequeño de 8 kms.
Por cuestións organizativas, nesta edición poderán participar, como máximo, un total de 600 persoas que deberán formular a súa inscrición ata o 12 de setembro.
O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, e varios membros do Comité Organizador presentaron a “III Andaina Concello de Campo Lameiro”, que se celebrará o domingo 22 de setembro sobre tres trazados: un longo de 24 quilómetros, outro medio, de 14 quilómetros e un curto de 8 quilómetros. Por cuestións organizativas, este ano o máximo de participación permitida serán de 600 persoas que deberán formalizar a súa inscrición ata o 12 de setembro. Os participantes colaborarán tamén coa súa inscrición coa Fundación Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais.
No acto de presentación, o alcalde Carlos Costa compareceu con varios membros do Comité Organizador entre os que estaban Mónica Arza, Jesús García Ameijeiras e Paula Pazos, encargados de varios departamentos e cometidos dentro do complicado e laborioso proceso de organización desta actividade.
Así, esta proba pedestre non competitiva pretende promocionar tamén dos distintos lugares e paraxes marabillosas que conforman o patrimonio natural e medioambiental do concello de Campo Lameiro. A organización estableceu un percorrido circular con varios postos de avituallamento para facilitar que os participantes estean perfectamente atendidos ao longo de toda andaina. O primeiro deles estará ubicado nas Rozas.
Para incentivar a inscrición neste evento deportivo e turístico, a organización estableceu varios sorteos de produtos doados por establecementos comerciais da contorna, que cada vez son máis a colaborar con esta inicitiva. Os sorteos faranse entre todos os dorsais inscritos, que terán que abonar 10 euros por participar en concepto de seguros, etc. 5 euros de cada inscrición irán destinados íntegramente á Fundación Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais.
As inscricións deberán facilitarse a través da páxina web www.sportmaniacs.com e so polo feito de participar os inscritos recibirán unha camisola de agasallo por parte da organización, que respectará as tallas aos primeiros 300 inscritos. Tamén habilitaranse senllas Apps para Android e IOs nos seguintes enderezos:
APP SAUDETER LIVE:
ANDROID
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.sportmaniac_live_app_android.saudeter
IOS
https://apps.apple.com/es/app/saudeter/id1533790801
Ao remate deste evento turístico-deportivo a organización servirá un aperitivo a base de pinchos nos que haberá empanada, mexillóns e callos que poderán ser degustados e acompañados por bebidas refrescantes doadas polos establecementos colaboradores.
Segundo manifestou o alcalde de Campo Lameiro, “esta andaina solidaria e de promoción turístico-natural do noso concello estase a consolidar como unha cita obrigada o que nos dá unha grande satisfacción polo que representa esta iniciativa como elemento de dinamización do noso concello ao tempo que se recadan fondos para a Fundación Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais”.