Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Turismo e ecoloxía van da man cos Roteiros Ambientais do Concello de...

Turismo e ecoloxía van da man cos Roteiros Ambientais do Concello de Redondela

- Anuncio -
  • As actividades comezaron hoxe cunha ruta en kaiak pola Portela, e haberá outras catro saídas esta semana pola Senda da Auga, visitas nocturnas pola praia de Cesantes e os muíños do Fondón e un roteiro ambiental en Monte Penide.

-Os concelleiros de Turismo, Rita Pérez Táboas, e Sostibilidade, Roberto Villar, achegáronse esta mañá á actividade celebrada na Portela e animaron tanto á veciñanza de Redondela como aos visitantes a participar nestas actividades organizadas para público de todas as idades.

Redondela, 15 de xullo de 2024. As concellerías de Turismo, Sostibilidade e Medio Ambiente apostan unha vez máis polas actividades de ecoturismo e educación ambiental. Este mes de xullo ofrecen unha ampla proposta de roteiros e actividades a pé, en bico ou en kaiak, a maioría delas de balde. A primeira saída realizouse esta mañá cunha actividade de iniciación ao kayak. Os participantes realizaron unn percorrido polos “segredos da Portela” para coñecer os fondos mariños, as pradeiras de zoostera, a zona intermareal e a Regasenda.
Ao longo desta semana haberá catro actividades máis. O xoves 18 terá está organizada unha ruta en bicicleta pola Senda da Auga con saída desde Chan das Pipas. Pódese participar con bici propia (5 euros) ou con bicis do Concello (8 euros). A actividade do venres día 19 é unha ruta nocturna pola praia de Cesantes para coñecer a zona intermareal, co saída ás 21.00 horas desde o Peirao, actividade de balde. Para o sábado día 20 tamén se está organizada unha saída nocturna, neste caso para percorrer os Muíños do río Fondón e Monte Penide. A saída será ás 21.30 desde o campo de fútbol de Trasmañó, actividade de balde. O domingo día 21 remataremos a semana cun roteiro ambiental por Monte Penide o saída ás 10.00 desde a mámoa do Rei. Actividade grautíta.
A próxima semana haberá unha saída en kayak pola enseada de san Simón o luns 22 e a programación rematará o sábado día 27 cunha actividades de observacións das estrelas no Campo de fútbol do Viso.
A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, destacou a “transversalidade” destas actividades “que apostan polo turismo ambiental, sostible e responsable con saídas para coñecer o espectacular patrimonio natural de Redondela”. O concelleiro de Sostibilidade, Roberto Villar, sinalou que o obxectivo destas actividades é “poñer en valor os recursos naturais de Redondela e tamén concienciar á veciñanza e ás persoas que nos visitan da importancia de respectar estes espazos naturais e axudar a conservalos”.
Para participar nestas actividades é preciso facer a inscrición previa na oficina de turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no enderezo electrónico turismo@redondela.gal.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas