Free Porn
xbporn
Home A Coruña Marta Álvarez aposta porque o Concello contribúa “de forma constante” á sensibilización...

Marta Álvarez aposta porque o Concello contribúa “de forma constante” á sensibilización da importancia da doazón de sangue e medula ósea

- Anuncio -

Impulsará unha declaración ins2tucional no pleno deste venres para que desde o Pazo de Raxoi se promocione “a cultura da doazón”

En Galicia precísanse entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue: “está claro que debemos avanzar cara unha doazón regular e periódica”

En Galicia precísanse entre 400 e 500 doazóns diarias de sangue segundo datos da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que tamén advirten de que tan só o 25% dos pacientes que precisan de doazón de medula ósea teñen a posibilidade de atopar a un donante familiar compaJble. Unhas cifras que, para o Grupo Municipal Socialista, deixan claro que se debe avanzar “cara unha doazón regular e periódica”.

Así o defendeu este xoves a edil socialista Marta Álvarez, que insiste en que para propiciar que isto ocorra, “debemos dar pasos para que o traballo de sensibilización que podemos facer desde as insJtucións tamén o sexa”. Precisamente isto é o que recolle a declaración insJtucional coa que os socialistas buscarán a unanimidade das catro forzas con representación no Pazo de Raxoi no pleno de este venres, para que a Corporación Municipal se declare a favor da doazón de xeito que “as veciñas e veciños de SanJago tomen conciencia da importancia que ten o acto de doar”.
“Avogamos por fomentar unha maior implicación desde o Concello de SanJago na concienciación da doazón” que permita “desmiJficar este acto, destacando a súa seguridade e importancia vital” defende Álvarez, que aposta tamén porque as canles e plataformas de comunicación das que dispón o concello inclúan “de forma estable”información sobre esta cuestión.
“A doazón de sangue e medula ósea é sinxela e o mellor agasallo de vida”
A sangue supón un recurso imprescindible, lembran desde as filas socialistas, “para a atención de emerxencias médicas ou cirurxías” pero tamén “para abordar tratamentos oncolóxicos e para pacientes con trastornos hematolóxicos graves”. O mesmo ocorre coa doazón de medula ósea, que pode ser, recalca Álvarez, “a única esperanza de vida para pacientes con leucemia, linfoma, anemia aplásica e outras enfermidades hematolóxicas graves”.
Así, a edil socialista amósase confiada no acordo das catro forzas políJcas con representación en Raxoi para amosar un apoio unánime á doazón de sangue e medula ósea para trasladar unha mensaxe “clara” de que “a doazón é sinxela e o mellor agasallo de vida”.

Relacionadas

Paderne arrincará en outubro o seu programa de actividades 2024/2025, ofrecendo preto de 20...

0
§ A iniciativa inclúe actividades físicas e artísticas nas distintas parroquias, así como obradoiros específicos O Concello mantén a súa aposta por ofrecer un programa...

O Concello repartirá un milleiro de unidades da publicación ‘A gata Ágata’, que achega...

0
A concelleira Diana Cabanas participou hoxe no acto de presentación da publicación, acompañada polas autoras, Adelaida Pittaluga e Ana Miranda A concelleira de Emprego, Comercio...

Os consellos parroquiais volverán en outubro para seguir fomentando a participación veciñal na xestión...

0
Os consellos parroquiais retomarán a súa actividade no mes de outubro. Dende o Concello de Carballo queremos seguir fomentando a participación veciñal na xestión...

Miño organiza dous talleres gratuítos sobre posparto, lactacións e alimentación complementaria

0
● Celebraranse o venres 20 e o sábado 21 na aula de formación do Coworking Casa do Pescador. ● As sesións serán impartidas por Paula...

A Reserva de Biosfera elabora un estudo de mercado para impulsar a concesión da...

0
• A iniciativa permitirá que concellos estreen esta infraestrutura fomentando a cohesión territorial A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas elaborou un estudo de mercado para...

O mercado ecolóxico municipal volve mañá ao Campo da Leña, con obradoiros infantís, sorteos...

0
O Concello impulsa unha ampla programación de actividades para todos os públicos, de 10.00 a 15.00 horas O Concello promove esta fin de semana unha...

Publicacións Relacionadas