Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Paseo da Xunqueira será de uso exclusivo para peóns polas tardes

O Paseo da Xunqueira será de uso exclusivo para peóns polas tardes

- Anuncio -

-A rúa pecharase á circulación polas tardes, desde as 19.00 horas e ata a medianoite, no tramo comprendido entre a Praza II República e a rúa Miña. A zona, nas inmediacións da Pista da Xunqueira, é moi frecuentado por familias e nenos e deste xeito mellórase a mobilidade e seguridade dos peóns.

-A medida, que é un compromiso do goberno municipal para dar prioridade aos peóns nos lugares onde é posible, afecta a un tramo duns 200 metros no Paseo da Xunqueira e manterase durante o verán.

O Paseo da Xunqueira terá horario limitado para o tráfico rodado a partires de mañá venres, día 18 de xullo, e durante todo o verán. A rúa pecharase á circulación polas tardes, desde as 19.00 horas e ata a medianoite, no tramo comprendido entre a Praza II República e a rúa Miña. Este espazo duns 200 metros nas inmediacións da Pista da Xunqueira é moi frecuentado por familias e nenos, especialmente durante as competicións deportivas de verán. Rita Pérez Táboas, concelleira de Interior, explica que co peche ao tráfico durante as tardes “facilitamos a mobilidade do numeroso público que se achega a esta zona e melloramos a seguridade dos peóns”. A alcaldesa, Digna Rivas,
explica que esta medida que agora se pon en marcha é un compromiso do goberno municipal “para crer espazos máis amables para a cidadanía, dando prioridade aos peóns nos lugares onde é posible”.
O uso peonil neste tramo do Paseo da Xunqueira en horario de tarde súmase á peonalización da rúa Padre Sarmiento realizada no pasado mes de maio. Con esta limitación parcial ao tráfico o goberno local “continúa coa transformación iniciada no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía”. Facer unha vila con menos tráfico nos lugares onde é posible, neste caso nunha franxa horaria concreta, “supón reducir a contaminación e o ruído, o que redunda nunha maior calidade de vida para a veciñanza”, explica o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas