Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O concello de Soutomaior renivará a rede de abastecemento de auga en...

O concello de Soutomaior renivará a rede de abastecemento de auga en Cochón

- Anuncio -

O concello de Soutomaior informou nesta xornada de que antes de que finalice o ano estará lista a renovación da rede de abastecemento de auga en Cochón. Unha rúa de Arcade que nos últimos 10 anos sufriu máis de 45 fugas.

18 de xullo. O concelleiro de Obras, Pablo Garrido, lembrou nesta xornada que a rúa Cochón conta cunha rede de abastecemento de auga que ten máis de 25 anos “o que significa que está totalmente obsoleta”.

Garrido dixo tamén que “levar a cabo estas obras é unha prioridade para o actual Goberno xa que as veciñas e veciños desta rúa de Arcade levan sufrindo máis de 45 fugas nos últimos 10 anos, unha situación que non se pode soster nin permitir”.

Estes traballos contarán cun investimento de máis de 44 mil euros e levarase a cabo grazas á boa xestión do Goberno actual. Unha obra que sairá a licitación nas vindeiras semanas e que estará finalizada antes de que remate este ano.

O actual proxecto ten como obxectivo a renovación da rede de abastecemento de auga na marxe dereita da Rúa Cochón onde se retirarán 150 metros das canalizacións actuais e se instalará unha nova rede, que se conectará coa rede de abastecemento das rúas Xosé Solla e Calvario. 

Ademais está prevista a renovación da beirarrúa en dúas da acometidas. Adicionalmente instalarase como mellora do sistema de abastecemento na Rúa Cochón unha ventosa que evitará bolsas de aire que xeran sobrepresións nas tubaxes e así desre xeito reducirase o caudal, así como posibles avarías.  

Pablo Garrido lembrou hoxe que “o actual Goberno municipal seguirá traballando na mellora da calidade de vida das e dos veciños do concello de Soutomaior, faremos todo o que estea nas nosas mans”.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas