Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Poio “Un ano de retrocesos”: O BNG valora o primeiro ano de Goberno...

“Un ano de retrocesos”: O BNG valora o primeiro ano de Goberno do PP en Poio

- Anuncio -

Un concello en retroceso, cos espazos e servizos públicos abandonados, e un equipo de goberno inoperante e incapaz de facer fronte ás necesidades de Poio e ás súas promesas incumpridas.

O BNG de Poio realizou este xoves 11 de xullo de 2024 unha rolda de prensa para valorar o primeiro ano de goberno do PP no concello.

“Podemos resumilo nun ano de retrocesos” sinalou Marga Caldas, portavoz municipal nacionalista. Para o BNG, o de Ángel Moldes é un goberno que non avanzou en ningún proxecto importante para Poio e que só “vive de rendas dos proxectos xa iniciados polo anterior equipo de goberno”.

Porén, o proxecto máis necesario e demandado pola veciñanza, que é un novo centro de saúde, e para o cal o anterior equipo de goberno deixou o traballo feito ao mercar os terreos da Canteira de Graña, está totalmente paralizado. Na actualidade estes terreos foron convertidos polo goberno do Partido Popular nun vertedoiro. “Esta situación é un exemplo máis do desleixo que o novo goberno ten polos servizos públicos da nosa veciñanza”. Afirman tamén que aqueles proxectos que foron paralizados pola Xunta durante anos seguen bloqueados tales como a mellora da seguridade viaria na PO-308 ou o polígono de Fragamoreira.

Ademais, unha das cuestións que sinalaron na súa comparecencia foi que os espazos públicos do concello sofren un abandono xeneralizado. “Os veciños puideron percibir neste ano como se abandonou o mantemento de zonas verdes e sendeiro azuis”, afirma Caldas, o que segundo os nacionalistas xa está a xerar un visíbel descontento entre os veciños e veciñas de Poio.

Con respecto á xestión económica “o Partido Popular mentiu a todos os veciños de Poio para chegar ao goberno” sinala Marga Caldas, pois durante os seus anos na oposición afirmaron que baixarían os impostos e que o concello tiña unha débeda demasiado avultada. Unha vez no goberno o Partido Popular non só non baixou os impostos, senón que mesmo aprobou novas operacións de crédito como o contratado por máis de 700.000 euros en setembro do 2023.

Outra cuestión que foi bandeira do Partido Popular na oposición fora a dos soldos públicos. E aquí, para o BNG tamén se amosa a hipocrisía do goberno de Ángel Moldes. Afirman que non hai máis ca ver os soldos que teñen os edís do PP para comprobar o dispendio, cunhas dedicacións parciais e exclusivas que non se corresponden en absoluto cos soldos medios da poboación poiense, chegando a custarnos a todas e todos millóns de euros nun só mandato. “E non só iso, senón que no último ano, para tratar de suplir as carencias do seu equipo de goberno, totalmente incapaz de afrontar as necesidades do noso concello, Moldes tivo que contratar un asesor a maiores, pagado cos cartos do peto de todos os veciños e veciñas de Poio”.

“Dous enganos máis poden servir para resumir a hipocrisía deste goberno municipal: a promesa electoral incumprida de tratar de recuperar o servizo de pediatría polas tardes no noso concello, que quedou no esquecemento ao día seguinte dos comicios, como é costume, ou a non renovación do contrato caducado da xestión do lixo coa empresa Valoriza, que nos está levando a unha situación límite mesmo coa convocatoria dunha folga por parte dos traballadores”, sinalou Caldas.


Desde o BNG acusan ao alcalde e aos edís, da clara regresión de Poio, sinalando que se escudan no resultado electoral que os leva a “actuar sen mirar polo ben da xente á que gobernan, xogando cos cartos de todos e como se o concello fose unicamente da súa propiedade. Desde o BNG non cansaremos de defender os intereses de todas e de todos e seguiremos a realizar unha oposición activa fronte á parálise e retroceso á que nos leva este goberno”.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas