Free Porn
xbporn
Home O Morrazo Marín “Marín sempre estará unido á vosa historia”

“Marín sempre estará unido á vosa historia”

- Anuncio -

A alcaldesa, María Ramallo, recupera a tradición de despedir no Concello á promoción de alumnos e alumnas que rematan os seus estudos no centro castrense. 

A Armada contará a partir deste Día do Carme con 123 novos oficiais, 123 alumnos e alumnas que pasaron estes anos en Marín e que agora xa teñen os seus primeiros destinos asignados. 

A alcaldesa, María Ramallo, quixo recuperar con eles unha tradición que nos últimos tempos quedara paralizada desde a pandemia, que é a de despedir ao alumnado antes da súa graduación, tal e como se fai ao inicio da súa singladura académica. 

Ademais, a esta xeración, que arrancou o seu camiño no 2019, “pasouvos e todo”, porque a pandemia supuxo cambios e novidades na súa formación, “pero agora poderedes ter un Día do Carme moi especial, moi importante e con toda a Escola engalanada para vós”. 

A rexedora quixo trasladarlle “a miña máis sinceira noraboa polo voso traballo e adicación estes anos, pero sobre todo moita sorte e ánimos para os retos que tendes por diante, xa que a vosa vocación de servizo público supón grandes sacrificios, sobre todo a nivel persoal”. 

Durante o acto, que se levou a cabo no Salón de Plenos do Concello, tamén interviron dous alumnos, Pablo Álvarez Gutiérrez e Francisco Manuel “Quico” García Torres, os dous de Marín, que aseguraron ambos que esta vila “quedará grabada na memoria dos que non son de aquí, pero xa se sinten como si o foran,durante toda a súa vida, de xeito moito máis forte do que quedarán outros destinos nos que estaremos de paso”. 

Ramallo e o batallón de alumnos remataron o acto coa tradicional fotografía na escalinata do Concello e coa entrega por parte da rexedora dunha fotografía impresa da súa benvida, cando empezaron os seus estudos na vila.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas