Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño O Rosal mantén a súa memoria máis viva que nunca

O Rosal mantén a súa memoria máis viva que nunca

- Anuncio -

O Concello presenta este venres 19 de xullo ás 20.00 h no auditorio municipal a terceira edición de ‘Memoria Viva’. Pepe O Buraco, o protagonista

Poucas familias rosaleiras non teñen un pasado ligado aos cabaqueiros. Emigraban cinco ou seis meses ao ano ao longo da xeografía española para gañar o pan e no Rosal quedaban só mulleres, nenas e nenos menores de 13 anos que se encargaban de traballar, cociñar e limpar. Un deses nenos foi Pepe O Buraco, protagonista da terceira edición de Memoria Viva, unha iniciativa posta en marcha polo Concello para protexer e preservar o patrimonio inmaterial do Rosal, así como o coñecemento e a memoria que atesouran as persoas maiores do municipio.

Este venres 19 de xullo, o Concello presenta ás 20.00 horas no auditorio municipal do Rosal unha nova entrega deste proxecto coa proxección dun vídeo documental e dun libro editado en pequeno formato que permitirá ao público percorrer a historia rosaleira a través das lembranzas e da voz de Pepe, patrimonio inmaterial vivo e testemuña incomparable da forma de vivir doutros tempos.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, sinalou a importancia deste proxecto que xa vai pola súa terceira edición. “Non queremos que caia no esquecemento unha parte tan importante da nosa memoria individual e colectiva. Por iso seguiremos traballando para continuar recompilando e recuperando as vivencias persoais, os momentos históricos, as formas de vida… que gardan na memoria os nosos veciños e veciñas”.

Deste xeito, Pepe O Buraco súmase aos vídeos documentais e á serie de libros protagonizados por Nemesio Castro, Marcola González, Carmen Piedra Pérez e Isaac Penela Carbajales.

Dende o Concello quere agradecerse a inestimable colaboración de Pepe, implicado de principio a fin en todo o proceso e convida a toda a veciñanza a participar no acto de presentación, que será con entrada de balde ata completar aforo.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas