Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Condado Doce mozas e mozos de distintos puntos de España intervirán para a...

Doce mozas e mozos de distintos puntos de España intervirán para a mellora da ZEC Río Tea grazas ao I Proxecto de Campo resetea en Ponteareas

- Anuncio -

• O proxecto de Campo de Voluntariado proxéctase a anos vista en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia


• Chegados de Álava, Badajoz, Madrid, Valencia, Pontevedra e A Coruña participarán nas actividades da vila e coñecerán os recunchos máis fermosos

Doce mozas e mozos chegados de distintos puntos de España realizarán unha intervención para a mellora ambiental, patrimonial e do uso público da contorna da praia fluvial da Freixa da man do proxecto de campo “ReseTea en Ponteareas” presentado no día de hoxe pola concelleira de Medio Ambiente, Silvia F. Táboas, e a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, xunto a Manuel Allegue, director do campo de voluntariado e o técnico municipal de medio ambiente, Rubén Villasenín.

A través de accións ambientais, accións patrimoniais e accións de educación ambiental estas mozas e mozos mellorarán o presente de Ponteareas e abrirán paso a un futuro mellor, así o suliñou a alcaldesa Nava Castro que agradeceu “inmensamente o compromiso desta mocidade que ao longo de quince días intervirá nun espazo de alto valor medioambiental e social como o é a Freixa”.

O proxecto de Campo de Voluntariado non aparece de xeito illado, segundo adiantou a alcaldesa, senón que se proxecta a anos vista, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, co gallo de pór en valor os recursos ambientais, patrimoniais e de uso público da ZEC Río Tea.

A Freixa, bañada polo río Tea, está dentro da Zona de Especial Conservación (ZEC), dentro da Rede Natura 2000, a maior figura de conservación da natureza a nivel Europeo, porque alberga uns importantes valores ambientais e ecolóxicos e promove uns servizos ecosistémicos que son de vital importancia protexer.

Explica a concelleira de Medio Ambiente, Silvia F. Táboas, que os obxectivos deste proxecto son a conservación medioambiental, o fomento da participación cidadá e a promoción da biodiversidade e para conseguilos técnicos e voluntariado desenvolverán accións de limpeza e acondicionamento e mellora de espazos degradados na contorna da Praia fluvial de A Freixa. Ademais acompañados das e dos monitores e do equipo técnico recuperarán elementos patrimoniais e de uso público en mal estado de conservación como a fonte da Freixa. Para visibilizar o importante valor ambiental da ZEC Río Tea instalarán caixas niño para morcegos e tamén para curuxas, ademais de realizar actividades de sensibilización ambiental sobor os valores da ZEC coa mocidade e infancia que participa nos campamentos de conciliación e na ludoteca, entre outros e outras.

Durante a súa estancia pernoctarán nas instalacións do CIFP A Granxa e polas tardes poderán participar nas actividades da vila e coñecer os recunchos máis fermosos levando para os seus fogares en Álava, Badajoz, Madrid, Valencia, Pontevedra e A Coruña unha estampa do rico patrimonio histórico e medio ambiental de Ponteareas.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas