Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor reafirma na XVI Festa da Palabra o compromiso da Deputación...

Luis Menor reafirma na XVI Festa da Palabra o compromiso da Deputación coa “nosa cultura, un dos piares da folla de ruta do goberno provincial”

- Anuncio -

A Insua dos Poetas foi, un ano máis, o escenario cultural que acolleu esta celebración que rendeu homenaxe a Xosé Luis Méndez Ferrín, que se suma así a longa lista de persoeiros da cultura galega presentes neste espazo “no que a literatura dialoga coa natureza a través das artes plásticas”, dixo Menor 

O presidente provincial considera “todo un acerto” que nesta ocasión se lembre “a un dos grandes escritores ourensáns, autor dunha excelente obra tanto na súa faciana de poeta como de narrador” 

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reafirmou hoxe na Ínsua dos Poetas, durante a celebración da XVI Festa da Palabra o compromiso da Deputación “coa nosa cultura, un dos piares da folla de ruta do goberno provincial”. 

A XVI edición da Festa da Palabra homenaxea a Xosé Luís Méndez Ferrín que se suma desde hoxe á longa lista de persoeiros da cultura galega que están presentes neste espazo cultural “no que a literatura dialoga coa natureza a través das artes escénicas”, dixo Menor.  

Neste sentido, o presidente provincial felicitou ao presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar, por todo o traballo realizado a prol da nosa cultura a través de numerosas celebracións que como esta, “nos permite defender e presumir dunha lingua propia, que nos diferenza, pero que sobre todo nos une alá sempre onde estea un fillo desta terra”, salientou Menor.  

Ao fío disto, o presidente provincial afirmou que “temos a obriga de conservar o legado cultural que nos deixaron os nosos ilustres, que tamén co seu traballo intelectual contribuíron a facer Ourense”. Menor considera “todo un acerto” que nesta ocasión se lembre “a un dos grandes escritores ourensáns, autor dunha excelente obra tanto na súa faciana de poeta como de narrador. Unha figura, a de Méndez Ferín, cunha grande dimensión humana e intelectual, que co seu traballo ponse ao carón doutros ilustres ourensáns como Curros Enríquez, Vicente Risco ou Otero Pedrayo”. 

No acto tamén participaron o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; e o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo. Ademais, o encargado de dar lectura á laudatio de Xosé Luís Méndez Ferrín foi César Lorenzo Gil.  

Pola súa parte, Luis González Tosar, dixo que se trata dunha iniciativa da Fundación homenaxear ao gran escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, que non puido acudir ao acto e estivo representado pola súa muller e a súa filla, encargadas de recoller o Premio Insua dos Poetas na modalidade de Literatura e transmitiron no seu nome unha mensaxe especial a todos os asistentes. Tamén agradeceu ao presidente provincial “a súa participación neste acto no que ratificou o seu compromiso coa Insua dos Poetas”. 

Premios Insua dos Poetas 2024 

Durante a celebración da Festa da Palabra entregáronse os premios Insua dos Poetas 2024, que nesta ocasión recaeron na modalidade literariana escritora Moncha Fuentes; na modalidade cultura galega na comarcana agrupación cultural Avantar; na modalidade artes plásticasfoi premiada Mercedes Gallego Esperanza; na modalidade cultura galega na emigraciónrecibiu o premio Alberto López Barros, gaiteiro maior de Bos Aires; na modalidade de músicafoi premiada nesta ocasión Lucía Pérez Vizaino; na modalidade de acción social, o galardón recaeu na Federación Autismo Galicia; e por último, na modalidade de comunicaciónpremiouse a Badal Novas. 

Ao remate do acto, procedeuse ao develamento da escultura “Espiral” de Alberto Fernández e José Antonio Mosquera, que se suma ás 26 pezas escultóricas presentes na Insua dos Poetas e que se converteron no lugar no que poder “descubrir aos nosos grandes escritores, inmortalizados a través da obra de artistas que interpretan as obras dos autores aquí representados”, dixo Luis Menor. 

O apartado musical desta XVI edición da Festa da Palabra correu a cargo do grupo de gaitas “Queixumes dos Pinos” e de “Os Bregadiers” de Parada de Sil. Tamén houbo un recital de poemas que correu a cargo do mozo poeta celanovés, Alexandre Corbillón. 

Xantar de Irmandade da Ourensanía 

Como broche final a esta celebración, tivo lugar un xantar da Irmandade da Ourensanía no que todos os presentes recibiron un exemplar do libro “Espiral”, coa antoloxía poética de Xosé Luís Méndez Ferrín. 

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

Luisa Sánchez reúnese coas xogadoras do Mosteiro Bembrive FS, que duplica este ano a...

0
Esta liña de subvencións, que se outorgaron por concorrencia competitiva, está dotada con 900.000 euros, 50.000 euros máis que o pasado ano Ao abeiro deste...

Luis Álvarez Pousa, Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo

0
No seu fallo, o xurado destaca a súa longa e intensa traxectoria profesional, aínda en activo, “como formador das primeiras promocións de xornalistas galegos,...

A Deputación leva esta fin de semana o programa +Bosques ata o pazo de...

0
A iniciativa, que remata este mes, promove o contacto directo coa natureza e ten xa todas as prazas cubertas A Deputación de Pontevedra leva esta...

A vicepresidenta Luisa Sánchez destaca a importancia da plena inclusión na presentación da regata...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta mañá en Vigo no acto de presentación da terceira edición da regata inclusiva “Vigo...

A Deputación organiza esta fin de semana oito novas saídas ao abeiro do +Convivencia...

0
Os participantes, de entidades de seis concellos da provincia, visitarán lugares como Tui, San Simón, O Grove, Cambados, Combarro, ou, entre outros, A Guarda Máis...

Publicacións Relacionadas