Free Porn
xbporn
Home A Coruña O BNG trasladaralle o abandono do CLT de Culleredo ao Parlamento de...

O BNG trasladaralle o abandono do CLT de Culleredo ao Parlamento de Galiza

- Anuncio -

Os deputados nacionalistas Iria Taibo e Paulo Ríos visitaron o Centro Loxístico de Culleredo, comprobando o abandono das instalacións pola falta de impulso e mantemento.

O BNG presentará unha batería de iniciativas no Parlamento para aclarar o labor de supervisión da Xunta de Galiza sobre o CLT e reclamar o seu impulso.

Os deputados do BNG no Parlamento de Galiza Iria Taibo e Paulo Ríos visitaron esta semana o Centro Loxístico de Transportes de Culleredo, situado na parroquia de Ledoño. Acompañados por concelleiros nacionalistas da localidade comprobaron o estado de abandono no que se atopan estas instalacións, cunha absoluta falta de mantemento dos seus viais e a ausencia de alumeado ou de servizo de seguridade. Estas circunstancias foron xa denunciadas en múltiples ocasións por empresarios/as e traballadores/as do CLT. O estado actual das instalacións é produto de máis dunha década de desatención das súas responsabilidades por parte da administración municipal pero tamén da Xunta, trala declaración en concurso de acredores da empresa concesionaria en 2011 e o inicio da resolución do contrato en 2014.

O Centro Loxístico de Transportes de Culleredo é un proxecto declarado pola Xunta de Galiza como de “interese público e/ou utilidade social para a Comunidade Autónoma” e “proxecto sectorial de incidencia supramunicipal”, polo que tivo que contar coa requirida autorización do goberno autonómico para a súa construción. A devandita autorización recolle unha descrición das características do CLT, entre as que se incluían unha serie de instalacións e servizos que 25 anos despois continúan sen prestarse: unha estación intermodal de intercambio que conecte coa rede ferroviaria, un hotel, unha zona comercial ou unha estación da ITV.

O BNG acredita na importancia estratéxica do CLT de Culleredo para o desenvolvemento industrial da Comarca da Coruña e presentará unha batería de iniciativas no Parlamento de Galiza para aclarar cal foi a supervisión exercida polo goberno autonómico a respecto do desenvolvemento deste proxecto estratéxico e cales van ser as medidas para o seu impulso. Mentres observamos a proliferación na Comarca da Coruña de polígonos industriais de xestión privada e coñecemos da instalación de empresas do sector loxístico noutros parques empresariais, estas instalacións públicas, deseñadas para ser un referente no transporte de bens e mercadorías, esmorecen polo abandono e a falta de supervisión das administracións públicas.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas