Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Deza A doma clásica volve a Equina Galicia 2024 con tres importantes competicións...

A doma clásica volve a Equina Galicia 2024 con tres importantes competicións e a súa maior cifra de binomios participantes

- Anuncio -
  • SE BEN AS INSCRICIÓNS AÍNDA ESTÁN ABERTAS ATA O VINDEIRO XOVES, O SEU NÚMERO XA REBASOU O DO ANO PASADO, CANDO FORAN 58 BINOMIOS
  • ESTA CITA CONVERTERASE EN ESPAZO DE REFERENCIA PARA O MUNDO ECUESTRE DO 26 AO 28 DE XULLO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

Equina Galicia 2024, que terá lugar do 26 ao 28 de xullo na Feira Internacional de Galicia ABANCA, contará de novo no seu programa con tres relevantes competicións de doma clásica, as cales volveron a superarse en número de participantes.

Así, aínda que as inscricións para estas probas aínda están abertas ata o vindeiro xoves, os binomios (cabalo e xinete ou amazona) confirmados xa superan os do ano pasado, cando alcanzaran os 58. Unha cifra récord que se sitúa en 60 participantes de distintos puntos de España e que supuxo novamente que se reforzaran os equipos de traballo e se acondicionaran dúas pistas para o seu desenvolvemento.

Estas competicións de doma clásica incluirán o VI Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica, no que poden participar todas as razas de cabalos de deporte europeos e que se rexerá polos criterios da Real Federación Hípica Española, incluíndo desde categoría infantil ata olímpica. O Trofeo, que conta co apoio da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ten como obxectivo fomentar a creación de pequenas explotacións de cría de cabalos selectos para o deporte que xeren actividade no medio rural e supoñan un complemento económico, contribuíndo a frear o despoboamento.

Súmanse a este Trofeo outras dúas competicións de doma clásica, a XXVI Copa Accega e o Territorial, sendo este último clasificatorio para o Campionato Galego de Doma Clásica. Coa celebración destas tres probas no mesmo evento o 27 de xullo, Equina volverá converterse na cita máis completa desta disciplina.

Concursos de gran relevancia e outras propostas

Equina Galicia, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) e cuxa entrada será gratuíta, terá como eixo central o X Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, proba morfofuncional que se celebrará durante todo o evento. Así mesmo, esta cita ecuestre acollerá outras dúas destacadas competicións que se sumarán ás de doma clásica, as cales serán unha proba clasificatoria para o Campionato Galego de Enganches o 28 de xullo e probas puntuables para o Campionato de España de Equitación de Traballo o día 27.

Sumaranse nesta edición dúas interesantes conferencias, un espectáculo ecuestre e bautismo hípicos para os máis pequenos.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas