Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Condado O concello de Ponteareas licita as obras de mellora da eficiencia enerxética...

O concello de Ponteareas licita as obras de mellora da eficiencia enerxética da Residencia de Maiores Santa Ana

- Anuncio -

• O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro 23 de xullo

• Na residencia de maiores de Santa Ana viven 32 persoas atendidas por 21 profesionais dos coidados

O Concello de Ponteareas abriu a licitación para a rehabilitación enerxética do edificio da residencia de maiores Santa Ana. Neste edificio público construído no ano 1979 viven a diario 32 persoas asistidas por un total de 21 profesionais dos coidados.

A concelleira de Urbanismo, Silvia F. Táboas, adianta que na actualidade o edificio require unha importante intervención que comezará por realizar os traballos de accesibilidade e mellora da envolvente.

Deste xeito o Concello adxudicará a mellora da accesibilidade no acceso principal á residencia pola rúa Santa Ana, a ampliación do número de aseo accesibles no andar baixo xa que na actualidade so hai un; mellora da envolvente térmica en fachadas, cuberta e carpintería exterior para reparar as deficiencias existentes e mellorar a eficiencia enerxética do conxunto e a substitución da iluminación por unha máis eficiente coa finalidade de reducir os custos en electricidade.

Raquel Plana, concelleira de Benestar Social, sinala que esta actuación redundará nun espazo máis agradable e confortable para as persoas residentes, “a residencia pública Santa Ana fai posible que as persoas válidas vivan en comunidade e compartan espazos e actividades con outras persoas sen saír da súa vila. Deste xeito poden saír pasear, recoñecer os espazos da vila que transitaron ao longo da súa vida e seguir saudando ás persoas coñecidas. Aspectos todos fundamentais para o benestar das e dos nosos maiores.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas