Free Porn
xbporn
Home Vigo Mos A alcaldesa de Mos reúnese co subdelegado do Goberno para esixir a...

A alcaldesa de Mos reúnese co subdelegado do Goberno para esixir a mellora da A55 e a liberación da peaxe da AP9 do tramo Puxeiros-Porriño

- Anuncio -

Na xuntanza desta mañá estiveron presentes tamén representantes da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e Pontevedra e o concelleiro mosense de Urbanismo

O encontro foi solicitado pola rexedora local co obxecto de reclamar as demandas pendentes que ten Mos no que a viais de titularidade estatal se refire

A desesperación da veciñanza, e a intención do goberno municipal mosense de seguir defendéndoa por riba de todo, fixo que unha vez máis se levase a Pleno no pasado mes de xuño unha moción para esixir ao goberno central a mellora da Autovía A55. E que se solicitase novamente unha xuntanza con representantes do Ministerio de Fomento a este respecto, reunión que hoxe se produciu na subdelegación do goberno en Pontevedra entre a alcaldesa, Nidia Arévalo, o subdelegado do Goberno, Abel Losada, o concelleiro de Urbanismo de Mos, José Ramilo, e os xefes da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río, e en Pontevedra, Pablo Domínguez.

A alcaldesa manifestábase á saída da reunión, satisfeita de que “Fomento nos escoite, xa que son moitos os proxectos pendentes no municipio dependentes deste Ministerio”. Entre eles o Plan de Acción contra o Ruido do Ministerio de Transportes, coa implantación de medidas contra o ruido na A-55 e na A-52 en Puxeiros-Tameiga e Cerqueirás e Amieirolongo en Sanguiñeda. E que se leve a cabo a obra de intersección no cruce de O Tablado na Estrada Nacional 550 ao seu paso pola parroquia de Louredo.

Outros temas tratados foron: o enlace coa PO-331 en Atín- Pereiras, a declaración de travesías urbanas na N-550, transformando en travesía urbana o tramo comprendido entre o acceso a A52 e o Camiño Quiringosta, en Sanguiñeda, e o tramo da coñecida coma recta de Mos (cruce de Torroso), a construción dun enlace directo entre a A55 e o polígono industrial O Cebral, Veigadaña-Petelos; en Puxeiros, na entrada a Vigo, solicítase a construción dunha nova rotonda no enlace entre a Avenida de Puxeiros e a saída da AP-9 e o enlace coa A-55. A construción tamén dunha glorieta en Ramilo, no cruce cara ao Casal e cara ao acceso á autovía A-55. E a solicitude de rotonda na N-550 no alto de Os Valos p.q. +147. Todas elas demandas xa históricas e reiteradas.

Ademais Arévalo reiterou unha vez máis a solicitude do Concello de Mos ao Ministerio de Transportes (antes Fomento) da “gratuidade da peaxe do tramo Puxeiros-Porriño da AP-9, xa que é a solución máis rápida e inmediata para evitar e reducir a siniestralidade, e que se desvíe o tráfico da tan perigosa A-55, liberalizalizando a peaxe do tramo de Puxeiros a Porriño da AP-9. E do mantemento en óptimo estado das condicións da A-55: a inmediata reparación do firme ao prezo que sexa e á hora que sexa (bastantes problemas de seguridade ten xa ese vial para que non teña o mellor firme de toda a provincia, durante todos os días do ano). Que se faga o que sexa necesario para poñerlle fin ao descoido desta autovía por parte do Goberno de España. Que se acabe o parcheo das fochancas botando asfalto dentro dos buracos. Que se poña fin á deixadez nos labores de mantemento, ás barreiras de protección oxidadas e aboiadas, á ausencia de limpeza viaria na propia autovía e nos carrís de servizo. Que se proceda a realizar un mantemento en condicións, e como é obrigación do Ministerio, en toda a A-55. E que o devandito mantemento inclúa unha rehabilitación total do firme de todo o vial, desde Vigo a Porriño, con asfalto antiruido (fonoabsorbente) e absorbente permeable”.

Na sesión plenaria do mes pasado producíase xa a primeira das mobilizacións veciñais anunciadas de cara a realizar a reclamación da urxente optimización da A55, que congregou a un nutrido grupo de habitantes de Mos, moitos da parroquia de Tameiga, que non soportan xa esta situación que se lles está a facer insostible e insoportable. E é que a altura das curvas de Tameiga concéntranse os maiores problemas, e trátase dun tramo que non pode continuar sendo reparado con parcheos por máis tempo, senón que require dun asfaltado e mellora integral. Tal e como expresaron desde o goberno local mosense, a alcaldesa Nidia Arévalo, e o edil de Urbanismo, José Ramilo.

Arévalo e Ramilo puntualizaron ademáis que non só está deteriorada a Autovía A-55, senón que se atopan en igual condición de deterioro os carrís de servicio paralelos á autovía, que dan servicio aos barrios de Mos, e os carrís de incorporación á mésma; o firme está moi deteriorado, incluso hai zonas onde o carril se está a desfacer por desplome do terreo onde se sustenta.

“No caso da A-55 ao seu paso polo noso Concello, pódese comprobar como o Goberno de España descoida esta autovía dado o lamentable estado de conservación da mesma e o lamentable estado de conservación dos accesos e das vías de servicio paralelas á vía”, sentenciaron rexedora e concelleiro quenes engadiron que “o goberno local mosense non pode tolerar por máis tempo a deixadez do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana con Mos, e en particular coa Autovía A-55”.

Na A-55 se xogan a vida 60.000 condutores a diario e na que o asfalto se atopa nun estado lamentable, cheo de buracos. Os maiores problemas concéntranse á altura das curvas de Tameiga en dirección a Tui, na contorna da saída 10, zona na que as fochancas reaparecen nos mesmos puntos nos que se parchea.

“Como unha autovía que é o Eixo vertebrador da área metropolitana e pola que pasan milleiros de condutores a diario pode estar nun estado tan lamentable? Fochancas, falla de visibilidade, de iluminación e de sinalización… esa é a realidade da A55. Unha realidade da que somos testemuñas os mosenses todos os días. Reclamamos que o Ministerio asuma dunha vez por todas o digno mantemento da A55 asignándolle a correspondente e necesaria partida económica, posto que se trata dunha das vías máis perigosas e deterioradas de España, con maior sinistralidade e, paradóxicamente, das que máis recada en multas por radar. Polo que esiximos a inversión pertinente para que sexa segura e non unha autovía tercermundista como é actualmente”, concluíu Arévalo, rexedora local mosense.

Mos leva anos facendo reclamacións sobre a A55 que sempre foron desoídas polo Ministerio, instando a Transportes a solucionar a problemática non só desta autovía senón de todas as infraestruturas viarias que atravesan o Concello. O óptimo mantemento da A55 e A52, conexión da N550 coa A55 dirección Tui, e a liberación da peaxe da AP9 en O Porriño, son só algunhas das reclamacións históricas que se lle realizaron ao Ministerio.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas