Home O Salnés A Illa de Arousa A Deputación leva esta fin de semana o programa provincial “+Bosques” ata...

A Deputación leva esta fin de semana o programa provincial “+Bosques” ata o pazo de Lourizán e O Carreirón

- Anuncio -

A iniciativa promove o contacto directo coa natureza e ten todas as prazas de xullo e agosto cubertas. As inscricións para as quendas de setembro abrirán o 19 de agosto

A Deputación de Pontevedra pon en marcha esta fin de semana dous novos percorridos do programa provincial “+Bosques” que levarán un total de 30 persoas aos espazos naturais do pazo de Lourizán (Pontevedra), o sábado 20 de xullo, e O Carreirón (A Illa de Arousa), o domingo 21 de xullo. Os percorridos teñen unha duración de ata 3 horas e permitirán afondar sobre as especiais características destes espazos que os converten en lugares protexidos ou con exemplares botánicos singulares.

Esta iniciativa da institución provincial, que promove o contacto directo coa natureza, permite ás persoas participantes gozar das vantaxes dos “baños de bosques” a través de preto de 40 percorridos organizados entre xuño e outubro polos ríos Almofrei e Xabriña (Covelo), O Carreirón (A Illa de Arousa), Cabo Udra (Bueu), a Illa de Tambo (Poio), o Lago Castiñeiras (Marín e Vilaboa) e o Pazo de Lourizán (Pontevedra). Os itinerarios deste mes de xullo e de agosto teñen xa todas as prazas cubertas e para os de setembro, que terán lugar todas as fin de semana do mes, o prazo de inscrición abre o 19 de agosto.

A Deputación, a través de “+Bosques”, organiza este mes oito percorridos todos os sábados e domingos. En total ata outubro serán preto de 40 as quendas por sete espazos tanto da costa como do interior da provincia que permitirán coñecer a variedade de ecosistemas ricos en biodiversidade de Pontevedra. Todas as rutas pretenden proporcionar ás persoas participantes unha experiencia chea de estímulos para comprender o método de aplicación do “baño de bosque” e a conexión directa en e coa natureza. “+Bosques” promove a estimulación sensorial a través do olfacto, o tacto, a vista, o oído e o gusto, así como a realización de exercicios físicos e psicolóxicos para comprender, entender e fortalecer os lazos co medio natural.

Relacionadas

A Deputación avanza nun proxecto piloto para revalorizar os residuos das viñas e reducir...

0
A comarca de Monterrei probará solucións a favor dunha viticultura rexenerativa, no marco dun proxecto cofinanciado con fondos europeos e liderado a través do...

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

Publicacións Relacionadas