Free Porn
xbporn
Home Ourense O persoal da Policía e Bombeiros poderá cobrar os pluses de nocturnidade...

O persoal da Policía e Bombeiros poderá cobrar os pluses de nocturnidade e festividades

- Anuncio -
  • O Goberno municipal conseguiu aprobar provisionalmente as 5 modificacións de crédito que presentou neste Pleno extraordinario

O goberno municipal presentou esta mañá nun Pleno extraordinario a aprobación provisional de 5 expedientes de modificación orzamentaria, por un importe total de 10.513.535,8 euros e o levantamento dun reparo suspensivo para continuar coa tramitación do pagamento de retribucións variables (pluses de nocturnidade e festividades) correspondentes aos meses de febreiro a maio de 2024.

Os proxectos de modificación orzamentaria, utilizando as figuras dos créditos extraordinarios e dos suplementos de crédito, teñen como finalidade dotar crédito en diferentes partidas utilizando fondos procedentes de remanente de tesourería para gastos xerais. Serán, concretamente 400.000 euros para a rehabilitación dun edificio na Praza da Trindade para sede da Oficina de rehabilitación do Conxunto Histórico da Cidade (1P/2024); 430.800,00 € para o gasto da iluminación do Nadal (3P/2024); 113.058,72 € para investimento e reposición do Obradoiro de Emprego Montealegre IV (4P2024); 501.000 euros (4M/CMD/2024) para transferencias correntes ao Consello Municipal de Deportes, e 9.468.277,08 euros para débedas incluídas na conta 413 (2P/2024).

Alén destas modificacións orzamentarias tamén se debateu a proposta do levantamento do reparo suspensivo para continuar coa tramitación do pagamento de retribucións variables (pluses de nocturnidade e festividades) correspondentes aos meses de febreiro a maio de 2024 ao considerar que hai crédito adecuado e suficiente segundo o informe do Director xeral de recursos humanos do 17 de xullo de 2024. Esta proposta foi aprobada cos votos a favor do grupo de Goberno e a abstención de PP, PSdG e BNG.

A modificación orzamentaria para a rehabilitación do edificio da Praza da Trindade foi aprobada cos votos a favor de Democracia Ourensana, e BNG e a abstención do PP e PSdG.

A conta 413 para o pagamento a provedores foi aprobada cos votos a favor do grupo de goberno, en contra do BNG e abstencións do PP e do PSdG.

A iluminación do Nadal foi aprobada polo voto de calidade do alcalde logo de votar a favor o grupo de goberno, a abstención do PP e o voto en contra do PSdG e do BNG.

As modificacións orzamentarias para a creación dunha nova partida para solicitar o Obradoiro de Emprego Montalegre IV e mais para as transferencias correntes ao Consello Municipal de Deportes foron aprobadas cos votos a favor de todos os grupos políticos

Relacionadas

Luis Menor destaca o extraordinario desenvolvemento do sector vitivinícola ourensán, “cun gran pasado, un...

0
Na visita aos traballos de vendima da adega Ladairo, na Denominación de Orixe Monterrei, o presidente provincial subliñou o desenvolvemento experimentado polos sectores produtivos...

Luis Menor reivindica o papel da Deputación na colaboración coa Xunta, coa achega de...

0
O Goberno ourensán é a única Deputación que financia este plan, que tamén se estenderá ao resto de Galicia, e a provincia que terá...

A Deputación reúne aos axentes do Proxecto Acelerou que axudarán ás empresas á súa...

0
Esta iniciativa é un paso máis no obxectivo da Deputación de Ourense de apoiar ás pemes, autónomos e emprendedores na súa modernización tecnolóxica Os axentes...

A execución de obras requirirá realizar cortes de tráfico alternativos desde o luns na...

0
O Concello de Ourense iniciará o vindeiro luns, 16 de setembro, a execución de obras na rúa Bonhome. A súa realización requirirá efectuar cortes...

O 38º Día da Bici, que se celebrará o 22 de setembro, volverá a...

0
Xa está aberto o prazo de inscrición para este evento popular que partirá ás 12.00 horas da Alameda e discorrerá por un circuíto de...

A Deputación acudirá á feira Intur 2024 con 20 empresas ourensáns que serán seleccionadas...

0
Canalizada a través do Inorde, dentro do convenio subscrito con Turismo de Galicia, esta acción de promoción abre por primeira vez a posibilidade de...

Publicacións Relacionadas