Home A Coruña A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Ferrol con...

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Ferrol con 87 prazas de estacionamento

- Anuncio -
  • O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse a 781.500 euros
  • Diego Calvo destacou que a iniciativa contribúe a reducir o tráfico mediante o uso do coche compartido e do transporte público, para o que se habilitarán paradas de autobús
  • María Martínez Allegue subliña o compromiso da Xunta “para ofrecer aos galegos infraestruturas de calidade como opcións de desprazamento máis económicas e sostibles” e destaca o novo equipamento como “unha infraestrutura necesaria, funcional e de calidade”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitaron hoxe o novo aparcadoiro disuasorio que a Xunta vén de rematar en Ferrol, na contorna da estrada estatal FE-13, e que supuxo un investimento de 781.500 euros. O espazo sitúase na zona de San Xoán-Bertón e suma 87 prazas de aparcamento. No acto estivo tamén a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela.

Diego Calvo enmarcou a iniciativa no propósito de reducir o tráfico nunha área estratéxica na entrada e saída da cidade de Ferrol, contribuíndo a implantar zonas de baixas emisións nas áreas urbanas galegas. O conselleiro incidiu en que se busca tamén impulsar o uso do transporte público, para o que se instalaron dúas marquesiñas coa previsión de habilitar proximamente paradas do autobús metropolitano. Así, habilitarase unha parada da liña 13 e estase a analizar a ampliación a outras con percorrido pola contorna para facilitar a mobilidade das persoas usuarias.

Segundo sinalou, o aparcadoiro disuasorio ten como obxectivo fomentar a mobilidade sostible, facilitando un espazo onde deixar o automóbil de xeito cómodo e seguro e desprazarse, despois, compartindo coche ou en autobús cara ao lugar de estudos ou de traballo. Preténdese así afrontar os retos da mobilidade desde un enfoque integrador no social, responsable no ambiental e ambicioso no económico. Nesta liña, cómpre sinalar o investimento anual de máis de 100 millóns de euros no transporte público autonómico e as tarxetas de transporte metropolitano impulsadas pola Xunta con importantes bonificacións, como os descontos no autobús interubano e a gratuidade para menores de 21 anos e maiores de 65.

Na visita, María Martínez Allegue puxo en valor a posta en funcionamento deste novo aparcadoiro como “unha mostra máis do compromiso deste Goberno para ofrecer aos galegos infraestruturas de calidade como opcións de desprazamento máis económicas e sostibles”.

Subliñou o emprazamento do aparcadoiro ás portas do núcleo urbano de Ferrol “para que sexa máis cómodo para os condutores, sinxelo, práctico e seguro” e sinalou que ademais de fomentar o uso do vehículo compartido, o aparcadoiro contribuirá a reducir o tráfico polas rúas máis céntricas da cidade. Martínez Allegue cualificou o equipamento como “unha infraestrutura necesaria, funcional e de calidade”, e incidiu en que conta cun acceso exclusivo para peóns, así como na mellora levada a cabo na rúa Souto, onde se habilitaron beirarrúas na marxe dereita e se desprazou un paso de peóns cara á entrada do aparcamento, “para facilitar a permeabilidade do aparcamento disuasorio co barrio e a mellora de accesibilidade dos veciños”.

A conselleira destacou tamén outras actuacións da Xunta en Ferrol, como o proxecto “Abrir Ferrol ao Mar”, que completará a transformación de toda a fachada urbana, marítima e portuaria, cun investimento de conxunto de  Xunta e Concello de 11 M€. Subliñou a colaboración co Concello e lembrou que “Ferrol segue a mellorar e sempre terá o apoio da Xunta para continuar avanzando”.

Superficie de 2.800 metros cadrados

O recinto do novo aparcardoiro disuasorio ocupa 2.865 metros cadrados de superficie nunha explanada situada entre a estrada estatal FE-13 e a liña ferroviaria. Das 87 prazas habilitadas, tres están reservadas para persoas con mobilidade reducida e outras tres para vehículos eléctricos. A zona dotouse ademais de alumeado, e humanizouse con beirarrúas e vexetación autóctona.

Esta actuación forma parte dos proxectos promovidos pola Xunta ao abeiro dos fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Next Generation UE.

Relacionadas

Rueda destaca o papel dos empresarios e autónomos galegos á hora de consolidar Galicia coma unha...

0
 Agradécelles a súa contribución para que a comunidade pechase 2024 con bos datos de exportacións, o paro en mínimos históricos e a cifra...

O concello concorre á convocatoria de axudas para actuacións en materia de xestión de residuos

0
O propósito é adquirir un novo camión para o servizo de recollida a domicilio de voluminosos e equipamento para a o punto limpo trala...

O Concello avanza no borrador da ordenanza do imposto sobre estadías turísticas

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada pola concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e polo concelleiro de Facenda, Manuel César, encabezou esta mañá a reunión de...

A terceira edición do Norte Cinema Diverso terá como eixo central o colectivo trans

0
O festival proxectará no Teatro Colón un total de tres longametraxes e catorce curtametraxes entre o 20 e o 22 de febreiro O concelleiro de...

A Xunta reforza os apoios ao tecido autonómico avanzando na simplificación administrativa e na...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada de presentación das axudas do Goberno galego para autonómos...

A Xunta lanza a convocatoria deste ano de formación a demanda das empresas dirixida...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde destes apoios que se poderán solicitar a partir do vindeiro 5 de febreiro e ata...

Publicacións Relacionadas