Home A Coruña O Concello executa o proxecto de renovación dun camiño rural en Brañas...

O Concello executa o proxecto de renovación dun camiño rural en Brañas de Tasaraño

- Anuncio -

● Trátase dunha intervención subvencionada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural FEADER no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-207 en Galicia.

● O importe total ascende a 56.845,74 euros.

O Concello de Camariñas executou en dúas fases o proxecto de renovación dun camiño rural en Brañas de Tasaraño, na parroquia de Xaviña. Unha intervención subvencionada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural FEADER no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia. O importe de ambos proxectos ascendeu a un total de 56.845,74 euros.

Como traballos previos, leváronse a cabo tarefas de limpeza e roza por medios mecánicos e manuais da cuneta na marxe esquerda do camiño. Tamén se procedeu á escavación dunha gabia coa dimensión axeitada para o soterramento da canalización de augas pluviais. Para isto, colocouse unha tubaxe de 500 milímetros de grosor, sumidoiros con reixas de fundición e pozos de rexistro de formigón. Paralelamente, instalouse unha canalización de drenaxe, cunha tubaxe de PVC para recoller e canalizar as escorrentías da chuvia.

Finalmente, tiveron lugar as obras de pavimentación do firme, delimitando a zona do tránsito rodado e a ampliación para o paso de peóns, un elemento que se presenta como novidade. Por último, pintáronse as marcas viais pertinentes no chan e unha baranda metálica de protección. Actuouse nun total de 215 metros.

O concelleiro de Obras e Urbanismo, Sergio Caamaño, insiste na necesidade “de dotar a todas as parroquias de infraestruturas no mellor estado posible, e que sexan seguras tanto para peóns como para condutores. Este é un claro exemplo do que estamos a facer noutros lugares, e a liña na que queremos seguir de cara ao futuro”.

Relacionadas

O Concello de Carral celebrou hoxe o seu Magosto-Samaín

0
O Concello de Carral celebrou hoxe o seu Magosto-Samaín. O campo da feira foi o escenario desta festa, que acolleu a rapaces e adultos, e...

O PP de Culleredo pídelle a Rioboo que esixa ao Estado a inmediata reparación...

0
∙ Aberto ao público desde o pasado maio, os usuarios quéixanse do estado no que quedou o paseo. “As obras de reparación que prometían...

En marcha a restauración da cuberta do muíño do parque de Santa Margarida para...

0
A intervención conta cun orzamento de máis de 25.000 euros co obxectivo de garantir a durabilidade do muíño e o seu valor histórico O Concello...

Unha trintena de alumnos e alumnas participarán no programa municipal ‘Antenas de Información Xuvenil’

0
O alumnado, procedente de 19 centros educativos da cidade, transmitirá a información cos Espazos Municipais de Información Xuvenil O Concello vén de facer pública a...

O mellor mel de Galicia, mañá en Perillo na Feira do Mel

0
Mañá domingo 3 de novembro, en horario de 10.00 a 15.00 horas, celébrase a XXXIV edición da Feira do Mel baixo a cuberta da...

Carballo conmemorará o 50º aniversario da casa do concello cun acto aberto a toda...

0
Celebrarase o 15 de novembro e contará coa participación do arquitecto que deseñou o edificio, inaugurado no 1974, e de funcionarios da épocaO 2...

Publicacións Relacionadas