Free Porn
xbporn
Home Pontevedra A Paradanta Coñece o roteiro guiado do río Xabriña, en Covelo

Coñece o roteiro guiado do río Xabriña, en Covelo

- Anuncio -

Será este domingo ás nove da mañá cunha duración aproximada de catro horas

No marco da programación estable de rutas de sendeirismo guiadas do Concello de Covelo, este domingo 28 de xullo terá lugar o roteiro Xabriña PRG-119. Esta actividade, que se enmarca no proxecto RíosAldeasMontañas, promove o coñecemento do patrimonio natural entre visitantes, veciñanza e alumnado do CEIP Antonio Blanco.

De 10 km de pecorrido e dificultade media, o roteiro do río Xabriña ten un trazado circular cunha duración aproximada de catro horas. Esta actividade, que conta co apoio da Deputación de Pontevedra, é de balde e require inscrición previa no número de teléfono 654 500 652. A hora e punto de saída son ás 9 horas no parque infantil de Paraños, Covelo.

O guía de montaña e biólogo, Julio Eiroa, explica que este percorrido ten como principal protagonista o río Xabriña e os seus afluentes. A súa estrutura circular transcorre polas parroquias de Paraños, Prado de Canda e A Lamosa, situadas no alto val que forma este río afluente do Tea. A ruta combina á perfección os valores naturais co rico patrimonio etnográfico das tres parroquias: as fermosas ribeiras do río a súa vexetación, fragas, prados, cruces e cruceiros, muíños.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas