Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán O Concello de Nigrán estrea o sábado 17 agosto o primeiro festival...

O Concello de Nigrán estrea o sábado 17 agosto o primeiro festival internacional de adicado blues da comarca

- Anuncio -

Terá lugar no espazo deportivo municipal ‘Dunas de Gaifar’ a partir das 19:00 horas con bandas de referencia en España como a Vargas Blues Band e en Arxentina Claudio Gabis. Súmanse Budda Power Blues desde Portugal, asi como os galegos The Stukcyes May Q´s Band

Así como o Nigranjazz sitúa a Nigrán no mapa peninsular dos mellores recintos para escoitar jazz, agora sumamos o ‘Nigran Blues’ a nosa programación con ese mesmo obxectivo”, explica o alcalde, Juan González

Tantos años de jams-session semanales y programación en salas de Vigo y alrededores de grupos internacionales del género necesitaba tener su propio festival y así también dar visibilidad a muchos músicos locales”, considera o seu director, Frans Banfield

O Concello de Nigrán estrea este verán o primeiro festival da comarca adicado íntegramente ao blues. Este terá lugar de xeito gratuito o sábado 17 de agosto a partir das 19:00 horas no espazo deportivo municipal ‘Dunas de Gaifar (Panxón). Bautizado como ‘Nigrán Blues’, o evento realizado a través da reputada produtora viguesa FB ProduXion (recoñecida pola súa excelencia na programación e producción de concertos de blues, soul e funk) debutará co célebre guitarrista español Javier Vargas á fronte da Vargas Blues Band e o arxentino de referencia Claudio Gabis, acollendo tamén ao grupo portugués Budda Power Blues e os galegos The Stukcyes May Q´s Band. O festival, presentado este mediodía no escenario elixido, conta coa financiación do Concello de Nigrán a través da liña 2 do plan ‘+ Provincia ‘ da Deputación de Pontevedra.

“Así como o Nigranjazz sitúa a Nigrán no mapa peninsular dos mellores recintos para escoitar jazz, agora sumamos o ‘Nigran Blues’ a nosa programación co obxectivo de ser tamén unha referencia neste xénero musical clave no desenvolvemento de outros moitos estilos”, considera Juan González, alcalde do municipio.

“El Festival es la primera cosecha de muchos años semillando Blues en una tierra donde nunca había tenido cabida. Tantos años de jams-session semanales y programación en salas de Vigo y alrededores de grupos internacionales del género necesitaba tener su propio festival y así también dar visibilidad a muchos músicos locales. Hay mucho romanticismo en todo esto y estamos muy agradecidos a Nigrán por tener la confianza y ser los únicos en poner en valor este género, que lleva 100 años como madre de todos los estilos musicales” , afirma Frans Banfield, director del Festival.

Grupos

Javier Vargas atópase este ano presentando novo disco con xira internacional en Europa e América , e abrirá o festival en Nigrán coa VARGAS BLUES BAND, banda de blues de referencia en España e recoñecida internacionalmente. Vargas conta con 8 discos de platino, 27 álbums publicados desde 1991, incontables xiras internacionais e colaboracións con artistas lendarios como Chris Rea,Junior Wells,Sugar Blue,Larry McCray,Jack Bruce,Double Trouble ou Miguel Rios entre outros..

Desde Braga (Portugal) chega BUDDA POWER BLUES, un potente quinteto de Power Blues, quen se atopa de xira de festexos do seu 20 aniversario. Con 12 discos editados e organizadores do Festival de Blues de Braga, a banda portuguesa consolídase entre as mais importantes do xero no seu país.

Habitual nas súas xiras por Galicia hai mais de 15 anos, o verdadeiro ‘Pai do Blues Hispano’, CLAUDIO GABIS, desde Arxentina, repasará pezas craves dos seus 55 anos de carreira, na elite de guitarristas hispanos, xunto á banda Viguesa RED DUCK BLUES.

Finalmente, un grupo de talentosos músicos galegos de blues, THE STUCKEYS MAI`S Q BAND , poñerán a cota autóctona no festival. Trátase de profesionais que levan toda unha vida participando en jams, e grupos de blues en cidades como Santiago de Compostela, Pontevedra, e Vigo. Un repertorio eléctrico, forte e tamén con acento galego.

E para que a música e o ambiente festivaleiro non teña tempos mortos, ‘Nigrán Blues’ contarà coa participacion do DJ CRISTIAN PENELAS, recoñecido DJ da comarca quen vén organizando festas electrónicas xa consolidadas en Vigo como The Afternoon Party en Island Club ou sesións de tardeo na Fundación Saes. Con elegante Funk electro, ao finalizar os concertos fará unha sesión moi bailable para pechar unha noite que promete ser inesquecible.

Para seguir sumando alegrías, o Festival NON se suspenderá en caso de choiva, porque nese caso realizaríase no Auditorio Municipal de Nigrán.

Relacionadas

A Deputación inicia esta semana 15 novos obradoiros do programa Provincia activa para impulsar...

0
Preto de 260 veciños de 14 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, restauración de mobles e tapizaría ou memoria, entre...

A Deputación programa para o venres 20 de setembro unha actuación de Celso Fernández...

0
O narrador de Lalín presentará ‘Dicir A era das fábulas, é coma dicir Desde o principio dos tempos’, ás 19:00 h no Edificio Castelao...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación...

0
Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo,...

A Deputación abre este luns o prazo de inscrición para participar nas últimas rutas...

0
Os oito percorridos programados en outubro pecharán a actual edición do programa, que ata o momento logrou esgotar todas as súas prazas en cuestión...

Mos comeza a traballar no orzamento municipal para 2025

0
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Economía e Facenda, Feli Rodríguez, e a Interventora municipal, atópanse xa inmersas no orzamento municipal...

A Consellaría de Infraestruturas non atende as demandas veciñais de Couso que piden máis...

0
A consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ven contestar ás preguntas do BNG formuladas por escrito a través dunha iniciativa rexistrada en xuño...

Publicacións Relacionadas