Free Porn
xbporn
Home A Coruña O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da...

O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para a protección da Costa de Dexo

- Anuncio -

O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

Iván Roca, concelleiro do BNG: “Porén, o proxecto non é garantista abondo, polo que presentaremos alegacións para impedir a continuidade de determinadas actividades incompatíbeis e a redución da superficie do Monumento”

A Xunta da Galiza establece un Proxecto de Decreto, onde recoñece por fin o desleixo padecido pola Costa desprotexida de Dexo, denunciado polo BNG durante lustros, perante a desaparición total das Administracións nas súas obrigas. Este proxecto chega cun atraso incomprensíbel de 23 anos após a súa declaración como Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes (papel mollado). O BNG de Oleiros considera que é unha boa noticia que a Costa de Dexo teña por fin un Plan integral de xestión, en substitución da trapallada absurda de dúas follas que está vixente na actualidade.

A Xunta de Galiza, após un primeiro estudo e décadas de omisión, abandono e colaboración por imprudencia na deterioración constante da Costa Desprotexida de Dexo, recoñece por fin o estado de abandono da mesma, con proliferación de especies exóticas invasoras, invasión de eucaliptos; unha importante presión do uso público, que está a exceder a súa capacidade de carga e a provocar diversas problemáticas, procesos erosivos nos camiños, hábitats e patrimonio natural e cultural, fragmentación e alteración do estado de conservación de hábitats naturais, degradación paisaxística, molestias á veciñanza, tránsito de vehículos a motor non autorizados, trails invasivos na Costa de Dexo, onde centos de persoas corren por onde á organización privada do trail lle peta, mesmo abrindo novos camiños e invadindo propiedades privadas, bicicletas abrindo novos camiños e circulando por todo o monumento, mascotas ceibes, caza infrinxindo as normas cinexéticas, proliferación de drons…. Todos estes aspectos foron denunciados polo BNG nos últimos anos en relación con actividades que quedarán suxeitas a regulación e control, ou directamente prohibidas.

Moitos copia e pega de todas as denuncias presentadas polo BNG durante lustros con probas documentais de motos circulando en pleno Monumento Natural, vehículos estacionados no mesmo, drons alterando os niños dos corvos mariños, construcións fixas sen licenza, trails masivos circulando por camiños abertos ad hoc e polos muros de castros ou a escasos metros de aves en pleno proceso de niñificación, bicicletas sen control creando novas rodeiras, tractores de administracións ampliando máis e máis os camiños preexistentes, cans ceibos e sen control, gravación de publicidade privada coa introdución de vehículos e drons… agresións múltiplas e continuas

A Xunta só decidiu mover ficha após as flagrantes infraccións documentadas polo BNG. Estudaremos con lupa todo o proceso e demandaremos control para garantir o axeitado cumprimento do futuro Decreto en toda a súa extensión, xa que algunhas destas situacións aparecen explicitamente prohibidas no escaso e ridículo Decreto 101/2000 da Consellaría de Medio Ambiente, que até agora regula o Monumento Natural, e non se cumpren. Ademais, non nos fiamos da Xunta e podemos “aprezar” cada día a súa incompetencia en Oleiros. Só nos últimos meses observamos a eliminación o 22 de llo de servizos do transporte metropolitano que afectan directamente a Oleiros, e que están a provocar o caos nas liñas existentes, incomprensíbeis recortes no servizo de pediatría, no PAC de urxencias ou no centro de saúde de Perillo no período estival, a inexistencia de data para a reanudación da Vía Ártabra e da súa ignorada conexión coa A6, a parálise dos Portos de Santa Cruz, Mera e Lorbé (con propostas de sancións ao Concello por utilizar algo que non existe, como son as instalacións portuarias de Mera, na sardiñada) e un longo etcétera de abandonos e desleixos coa nova Xunta continuista da anterior. Esta flagrante incompetencia habitual da Xunta obriga a estar vixiar de preto todo o proceso.

O BNG de Oleiros considera que o proxecto non é garantista abondo, polo que presentará alegacións para, entre outras cousas, impedir a existencia de drons, carreiras masivas en épocas de aniñamento das especies, a redución da superficie do Monumento Natural, limitar o uso maquinaria pesada, controlar a existencia de cans de caza ceibos, que se realicen actividades fóra de camiños determinados e impedindo a apertura de novos sendeiros e a entrada de vehículos para a actividade cinexética, etc.

Relacionadas

Paderne arrincará en outubro o seu programa de actividades 2024/2025, ofrecendo preto de 20...

0
§ A iniciativa inclúe actividades físicas e artísticas nas distintas parroquias, así como obradoiros específicos O Concello mantén a súa aposta por ofrecer un programa...

O Concello repartirá un milleiro de unidades da publicación ‘A gata Ágata’, que achega...

0
A concelleira Diana Cabanas participou hoxe no acto de presentación da publicación, acompañada polas autoras, Adelaida Pittaluga e Ana Miranda A concelleira de Emprego, Comercio...

Os consellos parroquiais volverán en outubro para seguir fomentando a participación veciñal na xestión...

0
Os consellos parroquiais retomarán a súa actividade no mes de outubro. Dende o Concello de Carballo queremos seguir fomentando a participación veciñal na xestión...

Miño organiza dous talleres gratuítos sobre posparto, lactacións e alimentación complementaria

0
● Celebraranse o venres 20 e o sábado 21 na aula de formación do Coworking Casa do Pescador. ● As sesións serán impartidas por Paula...

A Reserva de Biosfera elabora un estudo de mercado para impulsar a concesión da...

0
• A iniciativa permitirá que concellos estreen esta infraestrutura fomentando a cohesión territorial A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas elaborou un estudo de mercado para...

O mercado ecolóxico municipal volve mañá ao Campo da Leña, con obradoiros infantís, sorteos...

0
O Concello impulsa unha ampla programación de actividades para todos os públicos, de 10.00 a 15.00 horas O Concello promove esta fin de semana unha...

Publicacións Relacionadas