Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

- Anuncio -
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns

O folclore máis internacional darase cita o próximo martes, 30 de xullo, no Parque do Laxal en Rebordáns, cunha nova edición da Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Baile  e Gaitas San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui. Este evento forma parte da programación “Tui, verán na rúa”.

Participarán os grupos Sbandieratori Ducato Caetani de Italia, Folk Ensemble “Omarska” de Bosnia Herzegovina, o Conxunto de Cantos e Danzas Tradicionais Los del Bio Bio de Chile e o Ballet Tierra Adentro de Uruguai.

Dende a cidade italiana de Sermoneta chegará o grupo Sbandieratori Ducato Caetani, que co seu espectáculo transportará ao público até a época medieval co lanzamento de bandeiras empregado nas antigas batallas. Os tambores e trompetas marcan o ritmo das coreografías que realizan entre 4 e 6 portabandeiras e solistas cunha ou dúas bandeiras cunha posta en escena espectacular. Dende a súa creación en 1996 teñen participado en destacados eventos e festivais en Corea, Xapón, Nova York, Caracas, Melbourne, Sydney así como en numerosas cidades europeas. .

Dende Bornia Herzegovina participará o grupo Folk Ensemble “Omarska”. Creado en 2007 conta con 190 membros nos 7 grupos de danza, nunha orquestra folclórica, grupos de canto e solistas vocais. No seu repertorio interpretan coreografías tanto de Bosnia Herzegovina coma de Serbia, caracterizadas polo corido vestiario que empregan. Ao longo do ano organizan distintos eventos entre os que destacan o concerto de Pascua, o concerto de Aninovo e o que realizan na honra ao patrón da cidade Vidovdan Dane.

O Conxunto de Cantos e Danzas Tradicionais Los del Bio Bio chega dende a provincia da Concepción en Chile. Está formado por 30 persoas entre músicos, bailaríns e persoal de apoio que traballan na recuperación do folclore chileno dende a súa creación en 1999. Na súas actuacións ofrecen un fermoso repertorio de canto e danza da zona central del Chile da cultura Rapa Nui. 

A fusión de diversos estilos dende un punto de vista técnico, escénico e interpretativo caracteriza o espectáculo do grupo Ballet Tierra Adentro de Uruguai. Creouse en 2010 co obxectivo de recuperar o máis valioso das súas tradicións rexionais,  O coreógrafo e bailarín Carlos Borthagaray dirixe o elenco formado por profesionais da danza e da música. Mentres a dirección musical corresponde a Domingo Bermúdez, No parque do Laxal o próximo martes achegarán unha mostra do folclore uruguaio. nunha interpretación na que de seguro non faltarán baile como gato, chimarrita, firmeza, ranchera, polca, milonga, malambo e boleadoras.

Así o folclore de Europa e América compartirá escenario o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns na Noite Internacional do Miño.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas