Home Pontevedra Deza Equina Galicia 2024 concentra hoxe cinco importantes competicións de morfofuncionalidade, doma clásica...

Equina Galicia 2024 concentra hoxe cinco importantes competicións de morfofuncionalidade, doma clásica e equitación de traballo

- Anuncio -
  • TAMÉN ACOLLE NESTA XORNADA DÚAS CONFERENCIAS, UN ESPECTÁCULO ECUESTRE E BAUTISMO HÍPICO PARA OS MÁIS PEQUENOS
  • O EVENTO, QUE SE DESENVOLVE NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA ATA MAÑÁ AO MEDIODÍA, CONTA CON ENTRADA GRATUÍTA

Equina Galicia 2024, organizada pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde, continúa celebrándose na Feira Internacional de Galicia ABANCA con entrada gratuíta.  E faio cunha intensa xornada na que concentra cinco importantes competicións, ademais doutras actividades.

Así, Equina Galicia 2024 acolle hoxe máis seccións do seu X Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, concurso morfofuncional que é o eixo central do evento e valora tanto a morfoloxía dos exemplares como os seus movementos. Ao longo da xornada desenvólvense as seccións de morfoloxía de poldras de 3 anos e eguas de 5, 6 e 7 ou máis anos, e tamén as probas de funcionalidade de sementais de 4 anos en diante. Xa mañá será a quenda das cobras de eguas, ademais da entrega de premios do concurso.

Este Campionato celébrase novamente coa categoría tres estrelas, xa que por terceiro ano consecutivo a Real Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Española (ANCCE) concedeulle o máximo nivel neste tipo de competicións, e é clasificatorio para a final do Campionato do Mundo, o cal se celebrará en Sevilla do 19 ao 24 de novembro no marco do Salón Internacional de Pura Raza Española (SICAB). En total neste X Campionato participan máis de noventa exemplares de pura raza española, pertencentes a 55 destacadas ganderías procedentes non só da maioría de Comunidades Autónomas españolas, senón tamén doutros seis países, como son EE.UU, Nicaragua, Costa Rica, México, Italia e Bélxica. Uns datos que converten a esta cita nun dos tres campionatos de España con maior número de participantes e dótana dun gran carácter internacional.

Ademais do concurso morfofuncional, esta cita ecuestre celebra hoxe tres competicións de doma clásica, cunha cifra récord de 60 binomios (cabalo e xinete ou amazona). Estes son o VI Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica, que conta co apoio da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia; a XXVI Copa Accega e o Territorial, este último clasificatorio para o Campionato Galego de Doma Clásica.

Nesta xornada, e primeira vez en Equina, súmase unha proba de equitación de traballo, que é puntuable para o Campionato de España desta modalidade, o cal se celebrará no marco de SICAB baixo regulamento ANCCE. Unha ducia de binomios de España e Portugal participan nesta cita, a cal se corresponde cunha modalidade ecuestre centrada nas destrezas do cabalo para o traballo co gando no campo e que contará con catro tipos de probas, que serán doma, manexabilidade, velocidade e apartado de gando.

Conferencias e outras propostas

Equina Galicia 2024 ofrece hoxe outras propostas relacionadas co mundo do cabalo, como son un espectáculo ecuestre, bautismo hípico e conferencias. Con respecto a estas últimas, acolleu dúas esta mañá. A primeira delas, a cargo de ANCCE, centrouse nas novidades do Libro Xenealóxico do Cabalo de Pura Raza Española e foi impartida por Pedro J. Azor, subdirector do Libro Xenealóxico. A segunda, impulsada pola Xunta de Galicia, versou sobre “EUnetHorse, mellora da resiliencia e o rendemento do sector equino”, a cargo de Cristina Vierna, do proxecto EUnetHorse.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Crecente e As Neves...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O BNG de Vigo demanda que Caballero rectifique o “atropelo” de desaloxar a...

0
A fronte nacionalista anuncia un recurso de reposición contra a decisión do Goberno local por desviación de poder ao expulsar á Federación Veciñal do...

O BNG lamenta a incapacidade de Telmo Martín de licitar debidamente o novo contrato...

0
O Concello deberá aprobar unha continuidade da actual concesionaria (Ascan), a pesar de que o contrato expira o próximo día 22, logo de que o Xulgado...

O PP esixe retomar o control poboacional de gaivotas e pombas na cidade de...

0
• O partido máis votado amoesta ao BNG por non formalizar o contrato durante o 2024 con ningunha empresa, “causando un prexuízo á hostalería...

O Concello de Tui e ACOUGO dan o primeiro paso de cara a sinatura...

0
O obxectivo será visibilizar o traballo da Asociación Galega de Familias de Acollida e apoiar as familias que desexen ser acolledoras O Concello de Tui...

Dan comezo as obra de mellora da estrada provincial EP-2204 (Sabarís-Belesar)

0
A execución da obra consiste na modificación de 150 m en torno ao momento quilométrico 1+900, en cada marxe da vía en torno da...

Publicacións Relacionadas