Home A Coruña A Concellería de Deportes retomará en setembro as súas Andainas por Fene

A Concellería de Deportes retomará en setembro as súas Andainas por Fene

- Anuncio -

Que a xente poida coñecer o concello da man da veciñanza é o principal obxectivo das Andainas por Fene que organiza a Concellería de Deportes coa colaboración das entidades parroquiais do municipio e Eroski Fene. O programa botou a andar o pasado 15 de xuño, cun percorrido pola parroquia de Barallobre, e, tralo parón estival, retomarase o 1 de setembro cunha andaina por Sillobre que conducirán membros da AVV de Limodre.

As seguintes Andainas por Fene serán: o 7 de setembro por Maniños (coa colaboración da SCRD O Pote); o 14 de setembro por Magalofes (colabora a AVV de Magalofes); o 28 de setembro por Sillobre (coa colaboración da ACRD Agarimo); o 5 de outubro por Fene (colabora o CMI Unidade de Fene); e o 19 de outubro por San Valentín (coa colaboración do CPS de San Valentín).

A inscrición en calquera das andainas será de balde e poderá realizarse nas dependencias do Departamento de Deportes (Avda Naturais, 44, entrechán dta., Fene, ou no tfno. 981 340 366) desde 15 días antes da realización da actividade, en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas. De todos os xeitos, informarase das datas concretas de apertura de inscricións para cada unha das marchas a través da páxina web e rrss do Concello de Fene.

Relacionadas

San Sadurniño adxudica en 85.789 euros as obras de ancheado e aglomerado da pista...

0
A estrada é o principal enlace da zona urbana co campo de fútbol e a piscina municipal O Concello de San Sadurniño asinou recentemente o...

Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestructuras rurais de...

0
 A delegada da Xunta avaliou cos alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

Ponteceso dedicará todo o POS Adicional 2025 a financiar o Servizo de Axuda no...

0
 A iniciativa foi apoiada por todos os grupos que forman a corporación municipal a excepción de APIN, que optou pola abstención sen argumentar...

Os veciños de Bergondo xa contan co calendario “Bergondo en Feminino”, que homenaxea a...

0
· A iniciativa combina fotografías, biografías e ilustracións de lugares emblemáticos asociados ás homenaxeadas. O Concello de Bergondo anuncia que o calendario "Bergondo en Feminino"...

Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA renovan o seu convenio para dinamizar e...

0
A Cámara de Comercio de Santiago e ABANCA asinaron a renovación anual do seu convenio de colaboración co obxectivo de impulsar a actividade empresarial...

Incendiados catro colectores en Aguiño, no concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta noite dun incendio que afectaba a varios colectores en Aguiño, no concello de Ribeira. Víronse...

Publicacións Relacionadas