Home O Condado Mondariz Esta fin de semana vive a festa e a tradición en Mondariz

Esta fin de semana vive a festa e a tradición en Mondariz

- Anuncio -

O Concello de Mondariz a través do seu alcalde, Calis Montes, convida a desfrutar da programación da trixésimo quinta edición da Feira dos Oficios Artesás. Os actos comezan coa lectura do pregón o venres día 2 a cargo de Álvaro M. Leiro, mestre cesteiro que fusiona o deseño contemporáneo con técnicas de producción ancestrais. O grupo de gaitas Castromao e Alba Faro actuarán para engalanar a lectura do pregón que irá seguida de dous días de actividades.

O sábado día 2 ás 11:00 horas abriranse os postos de artesanía e gastronómicos na praza de Mondariz. A partir desta mesma hora tamén poderemos gozar das demostracións de oficios artesás nos postos dos cesteiros, telleiros, ourives, zapateiros ou torneiros entre outros.  A sesión vermú arrincará ás 13:00 horas amenizada por Pandereteiros de Traspés cos seus cantos de tradición oral acompañados de percusión. De 11:00 a 14:00 horas haberá un obradoiro participativo de Gyotaku aplicado a saquetas de tecido impartido polos artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera de Peixesapop que ensinarán esta técnica xaponesa de impresión. A feira fará un descanso de 14:00 a 18:00 horas que volverá con intervencións teatrais de artesás singulares e con graffitis en directo con Pablo Loyola. Ademais Peixesapop aprenderá aos máis cativos e cativas a técnica Gyotaku. Ás 22:30 horas actuarán as pandereteiras Guriñas de Castromao e a continuación concerto de Caamaño e Ameixeiras.

O domingo día 3 abrirán os postos artesáns de venda e demostracións a partir das 11:00 horas. Tamén haberá ao longo da mañá e ata as 14:00 horas obradoiro de Cianotipias no que aprender este proceso fotográfico empregando papel de acuarela e produtos químicos sensibles á luz. A música volve ás 12:00 horas coa asociación Castromao de Mondariz e ás 13:00 horas concerto do grupo musical Abril con melodías de raíz galegas e ibéricas. De 18:00 a 21:30 horas volverán os obradoiros gratuitos e ás 19:30 horas o XXXIII edición do Día da Muiñeira coa Asociación Folclórica Castromao de Mondariz e como grupo convidado A.C Barca de Loimil de Arbo. A feira pechará ás 21:30 horas.

Relacionadas

Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia que une...

0
O presidente provincial recalcou o carácter innovador desta iniciativa da Deputación, e visitou tamén en compañía do alcalde, Antonio Puga, e membros da Corporación...

As novas tecnoloxías e o ocio electrónico serán protagonistas no medio centenar de actividades...

0
• Competicións, obradoiros, conferencias, xogos ou zonas con simuladores e videoconsolas conformarán algunhas das propostas desta 24ª edición da party • Esta cita terá lugar...

Galicia Suroeste dá un novo paso cara á transparencia e a sostibilidade

0
O grupo de desenvolvemento rural aprobou na súa asemblea xeral a Declaración Institucional en materia antifraude como parte das súas accións como xestor do...

A Deputación de Pontevedra dedica aos olímpicos e paralímpicos da provincia a Gala do...

0
A gala , que a institución provincial está a organizar na cidade da oliveira, centrarase nun recoñecemento aos participantes nos Xogos de París, cunha...

Preto de 2.000 atletas lánzanse á pista no Rosal no Cros Escolar en horario...

0
Organizada por Agrudebam en colaboración co Concello e co CPI Manuel Suárez Marquier dentro do programa Xogade, a actividade conta coa participación de alumnado...

Salvaterra de Miño contará cun curso de aplicador de fitosanitarios

0
O Concello de Salvaterra de Miño anuncia que os días 13, 14, 15 e 16 decembro desenvolverase na Casa do Conde un Curso nivel...

Publicacións Relacionadas