HomeVigoMos7 medallas en 2 meses, o record de Candela Alonso, a rapaza...

7 medallas en 2 meses, o record de Candela Alonso, a rapaza mosense de Tameiga, gran promesa do piragüismo

- Anuncio -spot_img

A imparable Candela foi recibida e felicitada pola Corporación Municipal na Casa do Concello

A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, o concelleiro de Igualdade, Leo Costas, a concelleira de Educación, Mocidade e Participación Cidadá, Julia Lourerio, a concelleira de Política Social e Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e demais membros da Corporación Municipal, recibiron no Concello a Candela Alonso, veciña da parroquia de Tameiga, que se achegou ata a Casa Consistorial mosense acompañada dos seus pais.

A palista Candela Alonso compite co Club Kayak Tudense e leva dous meses colleitando éxitos no piragüismo e demostrando a súa gran valía deportiva.

O impresionante logro de medallas por parte de Candela nas últimas semanas comezaba na Copa de España Sprint Olímpico categoría cadete os días 1 e 2 de xuño, en Pontillón de Castro, Pontevedra onde logrou a medalla de ouro na regata de K4 e o 4º posto e mellor tempo na crono en K1.

Logo viu o Descenso do Miño en Ourense, o 16 de xuño onde quedou en terceiro posto conseguindo a medalla de bronce.

No Campionato Galego Sprint Cadete en Pontillón do Castro o 30 de xuño logrou en K1 medalla de bronce, en K2 medalla de prata, e en K4 medalla de bronce.

No Campionato de España de Fondo en Línea K4 – C4 o 6 de xullo no Lago de Sanabria, Zamora, participou na categoría cadete e fíxose coa medalla de ouro.

E, por último, no 55 CAMPIONATO DE ESPAÑA SPRINT JJPP en Pontillón do Castro os días 20 e 21 de xullo na categoría cadete 500 metros K1 logrou a medalla de bronce e en K2 un 6º posto.

Toda unha demostración de traballo duro e excelencia a desta rapaza mosense de Tameiga.

Publicacións Relacionadas