Home Pontevedra Campo Lameiro O concello de Campo Lameiro presenta unha nova edición do Festival da...

O concello de Campo Lameiro presenta unha nova edición do Festival da Arte Rupreste “Laeros”, no que haberá un showcooking prehistórico

- Anuncio -

Celebrarase o domingo 18 de agosto e contará con eventos gastronómicos, actividades lúdicas, música, obradoiros e recreacións teatralizadas xunto a petróglifos da contorna.

Aberto o prazo ata o 14 de agosto para anotarse para o xantar prehistórico con prezos populares con lotes para 20 persoas a 400 euros e de 10 a 200 euros.

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, presentou a terceira edición de “Laeros”, unha iniciativa divulgadora do municipio como Capital Galega da Arte Rupestre que terá lugar o domingo 18 de agosto, de 11 a 20 horas e con entrada de balde, na que se aunará un evento gastronómico, actividades de todo tipo, música, obradoiros e recreación teatralizadas dos autores dos petróglifos máis senlleiros do municipio.

Carlos Costa indicou que este festival da arte rupestre vai cada ano a máis e nesta ocasión “presentamos como principais novidades un “Showcooking Prehistórico” que estará a cargo da empresa portuguesa Prehistoric Skills que potenciará o apartado gastronómico e situarase na entrada do edificio de interpretación. Fan dende peixe en arxila ata pan de landra pasando por carne en lume directo, recursos mariños en estrutura de cubete, queixo a partir de leite de cabra, etc. Está a cargo de Pedro Cura, un especialista en didáctica e arqueología de prestixio”.

Segundo manifestou o alcalde, “este ano queremos dar un paso máis e facer recreacións da Idade do Bronce Atlántico coa participación da asociación leonesa Boquique, quizais a entidade que mellor coñece a Idade do Bronce na Península. Varios dos seus colaboradores son doutores en Prehistoria. Farán un depósito de machados, que realmente é un encontro ritual entre dúas tribus que remata co enterramento simbólico de machados e bebida. Comezará no poboado e rematará nas proximidades da zona de comida. Pola tarde representarán un enterramento”, comenta Costa.

A PARTICIPACIÓN VECIÑA, PEZA FUNDAMENTAL

Por outra banda, Carlos Costa referiuse a importancia que ten a participación veciñal no éxito da celebración do festival da arte rupestre “Laeros” e así anunciou que “o máis importante desta celebración é a participación da veciñanza que vai colaborar nesta edición aínda máis sendo protagonista activa do “Laeros”. Así, ademais do colectivo das Mulleres Rurais no poboado este ano haberá un espazo denominado “Xogos Rupestres” que ten seis ou setes xogos creados polo alumnado do CEIP Cerviño (tres en raia, lince, dominó,…), todos inspirados na arte rupestre de Campo Lameiro e Galicia”.

Estamos, segundo dixo o alcalde “ante o “Laeros” máis espectacular polo maior protagonismo das representación e recreacións prehistóricas, o showcooking, os profesionais de primeiro nivel que van a vir e, por suposto, polo gran protagonismo da veciñanza que medra  e forma parte activa do festival”.

ABERTO O PRAZO ATA O 14 DE AGOSTO OU FIN DE EXISTENCIAS PARA OS LOTES DO XANTAR PREHISTÓRICO

Por outra banda, Carlos Costa confirmou que xa está aberto o prazo (ata o 14 de agosto ou fin de existencias) para mercar os lotes do Xantar Prehistórico a base dun asado de vacún que se venderá por lotes de 20 persoas para compartir ou de medio lote, para 10 comensais. No caso do lote completo para 20 persoas, venderase a un prezo de cada un deles de 400 euros. Cada un destes lotes dá dereito a dispoñer dun asado costillar, 12 racións de polbo á feira servidas por A Fuchela, 2 bolas de pan, 12 botellas de viño e 8 botellas de auga. No caso de medio lote, para 10 persoas, as viandas serán ½ costillar, 6 racións de polbo á feira, 1 bola de pan, 6 botellas de viño e 4 de auga a un prezo global de 200 euros.

Para reservar estes lotes e medios lotes deberán dirixirse ao teléfono 886 151 195 pertencente ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR)  ou a través do correo electrónico: reservas@paar.es. Tamén se poderá reservar chamando ao teléfono da Concellería de Turismo de Campo Lameiro 625 46 73 83.

O Xantar Prehistórico estará preparado pola Asociación Costillar A Estaca de San Clemente e poderá ser degustado nas mesas ubicadas no entorno do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR).

“Laeros”, definido como un festival da arte rupestre, está organizado polo Concello de Campo Lameiro e conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) que terá un papel fundamental nesta xornada de exaltación de Campo Lameiro como destino turístico e arqueolóxico de vital importancia para Galicia e que ten o recoñecemento a nivel nacional tras ser elixido como Capital do Turismo Rural de España 2023.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas