Home A Coruña Unhas 150 persoas están xa inscritas na quinta edición da Carreira nocturna...

Unhas 150 persoas están xa inscritas na quinta edición da Carreira nocturna Cidade de Narón

- Anuncio -

A cidade acollerá o vindeiro día 17 ás 21:30 horas unha nova edición, a quinta, da Carreira nocturna Cidade de Narón, na que están xa inscritas preto de 150 persoas. O Concello e o Club Pasa ou Entorna organizan a convocatoria, para a que permanece aberto o prazo para anotarse –aboando 7 euros- ata o día 13 deste mes ás 12:00 horas, a través da web: www.sportmaniacs.com ou da aplicación saudeter live.
A saída e a meta estarán na Praza de Galicia e establecéronse catro categorías: senior e veterano A, B e C, para persoas a partir de 16 anos. En todos estes casos os participantes percorrerán un tramo de 7.000 metros, por diversas rúas da zona urbana. Haberá trofeos para os tres mellor clasificados masculinos e femininos tanto na categoría xeral como os/as tres primeiros/as de cada categoría. Tamén se entregará un agasallo ao corredor e á corredora de maior idade e entregarase o premio “Gadis” especial para o tramo de subida de “A Picotiña”, para o corredor e a corredora que realicen no menor tempo o tramo esa subida, duns 450 metros, que será cronometrado, e que ademais queden clasificados nos 30 primeiros postos do seu sexo na categoría xeral. Os premios inclúen un especial para o club con máis corredores inscritos na categoría absoluta -200 euros para canxear no mesón A Bodeguilla-
Antes do inicio das carreiras xerais terán lugar as de menores, a partir das 20:00 horas e nas categorías de gazapos, coelliños, coellos e lebres (nados entre os anos 2009 e 2020), que percorrerán distancias de entre 100 e 1.200 metros en función da idade. O custe destas inscricións é dun euro e haberá unha medalla e agasallos sorpresa para os participantes, ao ser unhas carreiras sen clasificacións para fomentar neste caso o deporte popular e na rúa sen competitividade.
A recollida de dorsais será o venres 16 en horario de 18:00 a 21:00 en Dequip Galega Sport (estrada Batalla de Brión, 1, baixo, en Ferrol) e o sábado 17, día da celebración, entre as 10:30 e as 13:00 e dende as 19:00 ata media hora antes da proba no Auditorio municipal de Narón, na Praza de Galicia, na zona de saída da proba.
As persoas interesadas poden informarse de toda a actualidade do evento a través das redes sociais do club Pasa ou Entorna (Facebook e Instagram).

Relacionadas

Aviso urxente desfile de Reis Carral

0
Debido á previsión de meteoroloxía adversa durante a xornada de mañá, domingo 5 de xaneiro, o Concello de Carral decidiu o seguinte no relativo...

As obras para ampliar a biblioteca municipal da Sagrada Familia, que permitirán a creación...

0
Para facilitar o desenvolvemento dos traballos e reforzar a seguridade das persoas usuarias durante a actuación, o Concello pechará temporalmente a sala infantil da...

Rosa Mª Suárez e Toña Somoza expoñen conxuntamente na Pobra baixo o título As...

0
A arte volve engalana-las paredes da casa da cultura Raquel Fernández Soler coa primeira mostra deste 2025 que, ademais, une o talento de Rosa...

Colisión dun turismo na rúa Estatuto de Galicia, no Concello de Boiro

0
O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro participaron esta tarde nun operativo derivado por unha colisión dun turismo, na rúa...

Previsión cabalgata 2025 Miño

0
Este domingo, 5 de xaneiro, os Reis Magos chegan a Miño. Comezarán pola mañá ás 10:30 horas a súa visita polas parroquias do municipio...

Modificacións cabalgata 2025 Camariñas

0
A cabalgata dos Reis Magos deste domingo, 5 de xaneiro, sufriu unhas pequenas modificacións para adaptarse ao mal tempo previsto. As recepcións reais na maior...

Publicacións Relacionadas