Home A Coruña A Xunta reforza as Festas de Verán de Ferrol con apoio aos...

A Xunta reforza as Festas de Verán de Ferrol con apoio aos concertos de Abraham Mateo e Veintiuno

- Anuncio -

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participan na presentación dos concertos

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participaron hoxe na presentación dos concertos que Turismo de Galicia apoia este ano na cidade no marco das festas de verán. Trátase do de Veintiuno, que se celebrará o 18 de agosto e do de Abraham Mateo, o 24 de agosto.

Como explicou Xosé Merelles, a intención é conseguir seguir reforzando o crecente potencial turístico desta cidade durante o verán, tendo moi en conta os bos resultados que está a ter nos últimos meses. De feito, como expresou, só no mes de xuño, o número de viaxeiros incrementouse máis do 16% na cidade, cun importante peso do turismo internacional que só nese mes medrou na cidade un 8%.

“Son datos que reforzan a boa tendencia que está a ter Ferrol en termos turísticos este ano, xa que no semestre o crecemento de viaxeiros foi do 45%, con máis de 78.800 turistas aloxados nos establecementos, que fixeron máis de 151.000 noites”, indicou. Fixo referencia tamén ao efecto tractor que está tendo o Camiño Inglés na cidade. É o cuarto itinerario máis transitado e está a medrar a un ritmo do 19%.

Diversificación da oferta

Xosé Merelles puxo de manifesto, ademais, a aposta de Turismo de Galicia por seguir diversificando a oferta turística e dinamizando as cidades como no rural. Destacou “a positiva resposta” que os festivais e concertos están a ter “para atraer viaxeiros e para completar a oferta do verán galego con propostas que contribúan a diversificar de xeito atractivo nas distintas zonas de Galicia”.

O director de Turismo de Galicia puxo de manifesto, ademais, o atractivo que suporá para as festas ferrolanas contar cos concertos da agrupación Veintiuno e de Abraham Mateo “ambos con numerosos seguidores e, que de seguro, contribuirán a que este verán tamén as festas de Ferrol sexan un éxito”.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas